Pablo Hernández Domínguez (Onda, Castelló, 11 de abril de 1985) é un futbolista internacional español. Xoga de extremo dereito e o seu actual equipo é o Leeds United FC da Premier League.
Traxectoria Pablo Hernández é un futbolista formado no AVV Rafalafena e posteriormente nas categorías inferiores do Club Deportivo Castellón. Tras o seu paso polo equipo xuvenil do Valencia CF, foi cedido durante a tempada 2004-05 ao Club Deportivo Onda.
Posteriormente, xogou dúas tempadas no Valencia Mestalla, filial do Valencia CF, chegando a debutar co primeiro equipo na última xornada da tempada 2005-06 contra ó Osasuna. Durante a tempada 2006-07, converteuse no máximo goleador do seu equipo ata que no mercado de inverno asinou a súa cesión ao Cádiz CF."Segunda: Pablo Hernández cedido ó Cádiz en Goal.com.
Xoga en calidade de traspasado no Getafe CF como pago pola fichaxe de Alexis Ruano polo equipo valencianista. O Valencia reservouse unha opción de recompra de 1 millón de euros durante o primeiro ano e de 2 millóns durante o segundo ano. En xaneiro de 2008 o club valenciano exerce a opción de compra e Pablo asina para os próximos 6 anos.MARCA.com O Valencia pagará un millón para recuperar a Pablo Hernández Incorporarase á disciplina valencianista no verán dese mesmo ano, tras finalizar a tempada co Getafe.
Selección nacional O 5 de xuño de 2009, foi convocado por primeira vez coa selección española para disputar a Copa Confederacións.Pablo Hernández substitúe a Iniesta Deste xeito o 20 de xuño de 2009 debutou co equipo nacional no encontro que o enfrontou a Suráfrica ao substituír o seu compañeiro David Villa no minuto 60.
Clubs Actualizado a 2 de outubro de 2010. ClubPaísPeríodoLigaPX (G)CopaPX (G)CD OndaEspaña2004-2005¿?¿? Valencia CF MestallaEspaña2004-2007164Valencia CFEspaña2005-200610Cádiz CFEspaña2006-2007224 Getafe CFEspaña2007-2008438Valencia CFEspaña2008-2009315Valencia CFEspaña2009- 2010448Valencia CFEspaña2010- 201172
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial de Pablo Hernández Pablo Hernández en www.lfp.es
Categoría:Nados en 1985 Categoría:Nados en Onda Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Valencia CF Mestalla Categoría:Xogadores do CD Onda Categoría:Xogadores do Valencia CF Categoría:Xogadores do Cádiz CF Categoría:Xogadores do Getafe CF Categoría:Xogadores do Swansea City AFC Categoría:Xogadores do Al-Arabi SC Categoría:Xogadores do Rayo Vallecano Categoría:Xogadores do Leeds United AFC Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España