Francisco Noguerol Freijedo, nado en San Cristovo de Cea o 9 de xullo de 1976, é un ex-futbolista e actual adestrador de fútbol galego. Xogaba de defensa central e actualmente é o segundo adestrador do Albacete Balompié.
Traxectoria Formado na canteira do Celta pronto se ten que buscar a vida os modestos clubs galegos de Segunda B e na tempada 1997/98 vaise ao Pontevedra CF e ao ano seguinte ao Racing de Ferrol. O seu bo facer en Ferrol danlle unha segunda oportunidade en Vigo, pero o Celta de Vigo está nun momento cume e os internacionais Goran Đorović e Cáceres péchanlle o paso, co que se ten que buscar a vida na Segunda división. Márchase ao Elche CF na tempada 2001/02, logo á UD Salamanca, de novo un bienio no Elche e despois ao Albacete Balompié, sempre en segunda división e sendo titular indiscutible e capitán dos seus equipos. Na tempada 2008/09, ao finalizar o seu contrato co Albacete, decide asinar polo club no que se formou, o Celta de Vigo. O 20 de agosto de 2010 asina polo Girona FC.
Selección galega Noguerol participou en 3 partidos da era moderna da selección galega.
Clubs Como xogador TempadaClubDivisiónPaísPartidos TotalesGoles1995-1996 Celta de Vigo B Terceira3811996-1997 Celta de Vigo B Segunda B3111997-1998Pontevedra CF(Cedido) Segunda B3401998-1999Racing de Ferrol (Cedido) Segunda B 3601999-2000Racing de Ferrol (Cedido) Segunda B 4202000-2001 Celta de Vigo Primeira902001-2002Elche CF(Cedido) Segunda4102002-2003UD Salamanca Segunda3512003-2004UD Salamanca Segunda3702004-2005Elche CF Segunda 3002005-2006Elche CF Segunda 4102006-2007Albacete Balompié Segunda 4002007-2008Albacete Balompié Segunda 4112008-2009 Celta de Vigo Segunda 2602009-2010 Celta de Vigo Segunda3502010-2011 Girona FC Segunda2002011-2012Albacete Balompié Segunda B 3402012-2013Albacete Balompié Segunda B 3502013-2014Albacete Balompié Segunda B 3002014-2015Albacete Balompié Segunda 160
Como adestrador TempadaClubDivisiónPaís2015-2016 Albacete Balompié B Terceira
Palmarés
Copas internacionais TítuloClubPaísAnoCopa IntertotoR. C. Celta de VigoVigo (España)San Petersburgo (Rusia)2000Segunda BAlbaceteEspaña2014 Subcampión da Copa do Rei 2001 Celta de Vigo
Véxase tamén Ligazóns externas
Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en futbolme.com
Categoría:Nados en 1976 Categoría:Nados en San Cristovo de Cea Categoría:Futbolistas da provincia de Ourense Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Celta de Vigo B Categoría:Xogadores do Pontevedra CF Categoría:Xogadores do Racing de Ferrol Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Elche CF Categoría:Xogadores da UD Salamanca Categoría:Xogadores do Albacete Balompié Categoría:Xogadores do Girona FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Galicia Categoría:Xogadores do Celta de Vigo internacionais coa selección de fútbol de Galicia