O Campionato Nacional de Liga de Fútbol Indoor foi unha competición de fútbol indoor disputada por varios clubs da liga española de fútbol entre 2008 e 2014. Estaba organizada pola Asociación de Fútbol Indoor. Os xogadores desta liga eran veteranos, ex-profesionais da liga española de fútbol 11. Ademais do trofeo de gañador, a clasificación nesta competición daba dereito a participar na Copa de España.

O torneo estaba organizado polas distintas asociacións de veteranos dos equipos participantes, sendo destinados os ingresos dos partidos a axudar aos futbolistas retirados. Alfredo Di Stéfano presidiu de forma honorífica o campionato.

Equipos A liga de fútbol indoor comezou a disputarse na tempada 2007-08, quedando formada polos 9 clubs que gañaron nalgunha ocasión a liga española de fútbol: FC Barcelona, Real Madrid, Atlético de Madrid, Athletic de Bilbao, Valencia CF, Real Sociedad, Deportivo da Coruña, Sevilla FC e Real Betis. Posteriormente uníronse o Celta de Vigo, RCD Espanyol, Sporting de Xixón, CD Málaga e FC Porto.

Palmarés Tempada Campión Subcampión 2014 FC Porto Real Madrid 2013 Celta de Vigo Real Valladolid 2012 Real Madrid FC Barcelona 2011 Sporting de Gijón RCD Mallorca 2010 Deportivo da Coruña Betis 2009 Barcelona Real Madrid 2008 Deportivo da Coruña Real Madrid

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial .

Outros artigos

Copa de España de fútbol indoor

Categoría:Ligas de fútbol de España desaparecidas