Tarqeq, tamén coñecido coma Saturno LII (designación provisional S/2007 S 1) é unha pequena lúa irregular do planeta Saturno.

Características O seu descubrimento foi anunciado por Scott S. Sheppard, David C. Jewitt, Jan Kleyna, e Brian G. Marsden o 13 de abril do 2007, a partir de observación feitas entre o 5 de xaneiro e o 22 de marzo do 2007.MPEC 2007-G38: S/2007 S 1 13 de abril do 2007 (descubrimento, predescubrimento e efemérides)IAUC 8836: S/2007 S 1, S/2007 S 2, and S/2007 S 3 11 de maio do 2007 (descubrimento)

O eixo semimaior de S/2007 S 1 é 17,9106 millóns de kms. e orbita Saturno en 894,86 días. A súa inclinación orbital é de 49,90° (respecto de eclíptica; 49,77° respecto do ecuador de Saturno), posúe un movemento directo e ten unha excentricidade de 0,1081. O diámetro da lúa é de 7 km e é membro do Grupo Inuit de satélites irregulares de Saturno.

Tarqeq recibiría o seu nome a partir de Tarqeq, o deus inuit da Lúa.IAUC 8873: Satellites of Saturn 20 de setembro do 2007 (bautizando)

Notas

Véxase tamén Outros artigos Saturno Grupo Inuit

Categoría:Lúas de Saturno