Santiago Abad Viciano, coñecido como Santi Abad, nado o 24 de xullo de 1969 en Barcelona, é un ex xogador profesional de baloncesto español que comezou a súa carreira como profesional en 1985, con tan só 15 anos, no equipo do R.C.D.Español. Cunha altura de 2,03 metros xogaba de aleiro.
Traxectoria Naceu en Barcelona, o 24 de xullo de 1969. Mide 2,03 metros de altura e xogaba na posición de aleiro ou ala pivote. Saíu da canteira do Bon Pastor de Barcelona, sendo rexeitado nun primeiro momento polo principal equipo de baloncesto da cidade, o FC Barcelona, acabando nas filas do R.C.D.Español.
Como profesional chegou a xogar en máis de dez equipos diferentes. O seu forte carácter influíu notablemente ao longo de toda a súa carreira. Foi considerado, na súa etapa de júnior, como un dos xogadores españois con máis talento. Entre os seus títulos como xogador, destacar o campionato da Liga ACB co FC Barcelona en 1989, e a Copa do Rei conseguida co TAU Baskonia en 1995.
Disputou, durante a súa traxectoria profesional, 364 partidos da máxima competición española, con medias de 7,7 puntos e 3,5 rebotes por partido. Foi internacional coa Selección de baloncesto de España en 16 ocasións.
Clubs Canteira Bon Pastor Barcelona 1985-1986: Español-Juver 1986-1987: GIN MG Sarriá 1987-1988: IFA Español 1988-1989: FC Barcelona 1989-1991: Grupo IFA Granollers 1991-1992: Taugres Baskonia 1992-1993: Juver Murcia 1993-1995: Taugres Baskonia 1995-1996: Real Madrid 1996-1997: C.B. Cáceres 1997-1998: TAU Cerámica 1998-1999: Breogán de Lugo 1999-2000: Peristeri 2000-2001: Cantabria Lobos 2001-2002: C.B. Cáceres
Palmarés Títulos internacionais de club Subcampión da Copa de Europa (Antiga Recopa) co TAU Cerámica en 1993 e 1994
Títulos nacionais de club Campión da Liga ACB co FC Barcelona en 1989 Campión da Copa do Rei co TAU Cerámica en 1995 Subcampión da Liga ACB co TAU Cerámica en 1998 Subcampión da Copa do Rei co TAU Cerámica en 1994 e co C.B. Cáceres no 1997
Consideracións persoais Elixido "Mellor Sexto Home" da Liga ACB da tempada 1993-1994 pola revista "Gigantes del Superbasket".
Vida posterior En 2009 entrou a formar parte dos concursantes dun reality show emitido pola cadea de televisión española Telecinco chamado Supervivientes (do castelán: Sobrevivintes).
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha de Santi Abad en acb.com
Categoría:Xogadores do Club Baloncesto Breogán Categoría:Xogadores do FC Barcelona Bàsquet Categoría:Xogadores do Granollers EB Categoría:Xogadores do Saski Baskonia Categoría:Xogadores do CB Murcia Categoría:Xogadores do Real Madrid Baloncesto Categoría:Xogadores do Cáceres CB Categoría:Xogadores do Cantabria Baloncesto Categoría:Xogadores do Peristeri BC Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto de Cataluña Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Nados en 1969 Categoría:Nados en Barcelona