Sara Tavares, nada en Lisboa o 1 de febreiro de 1978 e finada o 19 de novembro de 2023 na mesma cidade, foi unha cantante e compositora portuguesa con ascendencia caboverdiana. A música que fixo foi definida como world music.
Traxectoria Tavares gañou a final da 1ª edición (1993/1994) do concurso Chuva de Estrelas do canal televisivo SIC, onde interpretou un tema de Whitney Houston. Foi invitada por Rosa Lobato de Faria para participar no Festival RTP da Canção de 1994 coa canción "Chamar a Música". A canción recibiu a pontuación máxima de tódolos xurados, gañando así un lugar no Festival Eurovisão da Canção de 1994, onde alcanzou a 8ª posición.
En 1996 editou o seu primeiro disco que contou coa colaboración do coro Shout, alén de gravar a música "Longe do Mundo" (unha adaptación de "God Help The Outcasts, de Heidi Mollenhauer), para o filme da Disney The Hunchback of Notre Dame, que viría merecer unha mención honrosa da Disney como a mellor versión, sen contar coa inglesa, da canción.
Na Expo'98, Sara Tavares participou no espectáculo de homenaxe a Gershwin, ao lado da Rias Big Band Berlin. Colaborou, entre tanto, no grande succeso da banda Ala dos Namorados, "Solta-se o Beijo". En 1999 editou o álbum "Mi Ma Bô", un disco máis maduro e con máis ligazón as súas raíces.
O álbum "Balancê", editado pola World Connection, en novembro de 2005, foi considerado un dos mellores álbums do ano por parte da crítica, tendo alcanzado o disco de ouro.
Coa canción "Bom Feeling", do álbum "Balancê", Sara Tavares foi a imaxe publicitaria do Millenium BCP. A través da campaña, nun investimento de 3 millóns de euros, 40 mil CDs da cantante foron distribuídos aos clientes do banco.BCP lança nova campanha associada a música agora com Sara Tavares - RTP Notícias, via Agência Lusa, 31 de agosto de 2006
En 2008 é lanzado o DVD "Alive in Lisboa". No ano de 2009 regresa aos orixinais co álbum "Xinti".
En 2024 recibe, a título póstumo, a medalla de mérito cultural da cidade de Lisboa.
En 2025 a RTP grava o concerto-homenaxe "Coisas Bunitas - Celebrar Sara Tavares" Coisas Bunitas - Celebrar Sara Tavares co equipo de músicos e técnicos de Sara Tavares e outros convidados, como Ana Moura, Capicua, Carlão, Dino D" Santiago, Djodje, Ivandro, Luiz Caracol, Lura, Miroca Paris, Nancy Vieira, Nenny, Richie Campbell, Samuel Úria, Selma Uamusse, Slow J e Toty Sa"med.
Discografía Sara Tavares e Shout! (CD, BMG, 1996) - Cos Shout! Mi Ma Bô (CD, BMG, 1999) Balancê (CD, World Connection, 2005) Alive in Lisboa (2CD+1DVD World Connection 2008) Xinti (CD, World Connection, 2009)
Singles Chamar a Música (Single, BMG, 1993) Pirilampo (Single, 1997) - Cos Shout! Fix Me Jesus/Oh Happy Day (Single, BMG, 1996) - Cos Shout! Nha Cretcheu (Meu Amor) (Single, BMG, 1999) Eu Sei (Single, BMG, 1999) Balancê (Single, World Connection, 2007) Bom Feeling (Single, World Connection, 2007) Ponto de Luz (Single, World Connection, 2009)
Compilacións Chuva de Estrelas (1994) - One Moment In Time O Corcunda de Notre-Dame (1994) - Longe do Mundo Vinte Anos Depois de Ar de Rock (2000) - Saiu Para a Rua Canções de Embalar (2001) - Que Nome Lhe Vamos Dar/Lindas Meninas Novo Homem Na Cidade (2004) - Nova Feira da Ladra
Colaboracións Ala dos Namorados (1999) - Solta-se o Beijo Dany Silva (1999) Herman José (1999) - Holy Night Nuno Guerreiro - Tu Podes Dar Júlio Pereira [Faz de Conta] (2003) - Elefantinho Paulo Flores Tiago Bettencourt - Canção Simples
Colaborou tamén coa cantante galega Uxía en "As nosas cores".
Rão Kyao - Ponto de Luz (2009)
Júlio Pereira [Graffiti] (2010) - Diz Que Diz Buraka Som Sistema (2011) - Voodoo Love Nelly Furtado (2012) - The Most Beautiful Thing Luiz Caracol (2013) - Tava Na Tua António Chainho (2015) - Rumo Di Mar Carlão (2015) - Krioula / Blá, Blá, Blá Richie Campbell (2015) - Knock Me Out Slow J [You Are Forgiven] (2019) - Também Sonhar
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Entrevista Radio Last FM Operación ao tumor no cérebro
Categoría:Músicos de Portugal Categoría:Nados en 1978 Categoría:Nados en Lisboa Categoría:Finados en 2023