Cortés é un dos 18 departamentos nos que se divide a República de Honduras, localizado na zona norte desta. Este departamento ocupa o primeiro lugar no país en canto ao número de habitantes, e é tamén onde se concentra a maior parte da actividade industrial de país. Ten unha superficie de 3.954 km² e, no 2005, tiña unha poboación estimada de 1 365 497 habitantes. A capital departamental é San Pedro Sula.
O departamento recibiu este nome polo conquistador español Hernán Cortés, quen chegou a Honduras en 1525 e foi quen orixinalmente organizou a conquista da rexión.
Historia O departamento de Cortés foi creado o 4 de xullo de 1893 polo presidente Domingo Vásquez. Este novo departamento naceu de partes do departamento de Santa Bárbara e Yoro.
Coa chegada dos españois, este territorio foi un dos primeiros sitios de Honduras en ser conquistado. En 1536 Pedro de Alvarado fundou a cidade de San Pedro de Puerto Caballos no val de Choloma. Esta cidade é actualmente a cabeceira departamental e a capital industrial e cidade máis grande de Honduras.
Antes fora fundada a cidade de Puerto Cortés baixo o nome de Puerto Caballos en 1524, por Hernán Cortés. Co paso do tempo, Puerto Cortés converteuse no porto máis importante de Honduras.
Economía A economía de Cortés esta centrada principalmente en San Pedro Sula e Puerto Cortés, que son as dúas cidades máis importantes de Cortés, xa que Puerto Cortés ten o porto máis importante de Centroamérica e San Pedro Sula está considerada a "Capital Industrial" de Honduras e é nesta cidade onde se desenvolve a maior parte da economía do país .
A presenza de maquiladoras estimula unha migración interna cara ao departamento. Tamén esta migración interna está asociada a unha emigración cara México e Estados Unidos.
Municipalidades Municipio Superficie Poboación Aldeas Casaríos Feira Patronal San Pedro Sula 1,009.5 km² 1,300,000 hab. 69 130 29 de xuño Puerto Cortés391.2 km²200,000 hab.37 6610-17 de agosto Choloma471.1 km²260,000 hab.45114 11 de febreiroLa Lima 116 km²60,000 hab.26 76 30 de agostoOmoa382.8 km²30,000 hab.26 76 30 de marzoSan Manuel138.8 km²30,000 hab.7 30 16-22 de setembro San Antonio de Cortés 227.1 km² 20,000 hab. 15 66 13 de xuño San Francisco de Yojoa 96.8 km² 25,000 hab. 10 15 4 de outubro Potrerillos 88.3 km² 25,000 hab. 10 26 29 de setembro Pimienta61.0 km²15,000 hab. 3 15 5 de agostoSanta Cruz de Yojoa725.6 km²65,000 hab.45 1593 de marzoVillanueva361.8 km²80,000 hab.20 6624 de agosto
Cortés