Este artigo trata da provincia canadense do Quebec. Para o artigo sobre a súa capital véxase Quebec (cidade).
O Quebec (en francés: Québec) é unha das dez provincias que, xunto cos tres territorios, forman as trece entidades federais do Canadá. A maioría dos quebequeses falan o francés. A capital é a homónima Quebec e a súa cidade máis poboada é Montreal.
No ano 2019 tiña case 8,5 millóns de habitantes, sendo a segunda provincia máis poboada do país, despois de Ontario.
Xeografía O Quebec está situado ao leste do Canadá, limitado pola provincia de Ontario e a baía de Hudson ao oeste, as provincias de Terra Nova e Labrador e do Novo Brunswick ao leste, os estados de Maine, Nova Hampshire, Vermont e do estado de Nova York, (EUA) ao sur, e o océano Ártico ao norte.
A provincia, a máis grande do Canadá, é un vasto territorio (preto de 3 veces a superficie da Francia), do cal a maior parte está moi pouco poboada. O territorio do Quebec é extremadamente rico en recursos naturais cos seus bosques de coníferas, lagos e os seus ríos; o papel, o bosque e a hidroelectricidade están entre as máis importantes industrias da provincia.
A rexión máis poboada é o val do río San Lourenzo, no sur, onde están situadas a capital, Quebec, e a metrópole, Montreal.
Historia
Os primeiros habitantes do actual Quebec foron os algonquinos, iroqueses e inuit. Foi Jacques Cartier o primeiro explorador europeo en chegar ao territorio en 1534, quen establece unha colonia en Stadacona, preto da actual cidade de Quebec e establécese a colonia francesa de Nova Francia. En 1763 Francia cede o territorio ao Reino Unido, nel habitaban un 65.000 franceses que mantiveron o uso das leis civís francesas e a Igrexa católica mantivo os seus dereitos. En 1791 creouse a provincia do Baixo Canadá que tiña a súa propia Asemblea lexislativa. Logo da Rebelión de 1837 o Baixo Canadá desapareceu e en 1867 formouse a provincia do Quebec.
A Nova Francia (1534-1763) miniatura|esquerda|Retrato de Jacques Cartier por Théophile Hamel, 1844.
Partindo de Saint-Malo no 20 de abril de 1534 con 61 homes en dous barcos, Jacques Cartier é considerado como o primeiro explorador europeo en chegar ao Canadá (porén, en 1497, Jean Cabot navegara polo golfo de Saint-Laurent). Planta unha cruz en Gaspé en 1534 e navega polo río San Lourenzo durante a súa segunda viaxe en 1535. Cartier aventurouse até Hochelaga (no lugar do futuro Montreal) onde o seu equipo pasa o inverno: 20 persoas morren de escorbuto até que Cartier obtén dos iroqueses unha receita (a base de follas de cedro branco) contra esta doenza. Decididas a establecer unha colonia, as autoridades do Reino de Francia deu o mando dunha nova expedición a Jean-François de la Rocque de Roberval. A nova colonia coñece un inverno difícil que lle custa a vida a máis de 50 individuos. Por mor doutras preocupacións, especialmente as guerras europeas, Francia deixa de ter interese no Canadá durante máis de medio século. Este período é chamado comunmente as «tentativas inútiles ».
Pódese afirmar que os comezos da Nova Francia ou o que é o mesmo, do Canadá, sitúanse en 1600, cando se establece en Tadoussac Pierre de Chauvin. Esta poboación volveuse moi coñecido polas súas baleas.
En 1603, os colonos franceses, dirixidos por Samuel de Champlain, aliáronse ás tribos amerindias dos huróns-wendats e dos Algonquíns contra os Iroqueses. Naquela época, contábase cunha poboación de arredor de 30,000 Wendats e de 15,000 iroqueses, mais unha serie de epidemias minguou a poboación de Wendats a uns 12,000 individuos, namentres que a poboación de iroqueses permaneceu inalterada. En 1608, Samuel de Champlain funda a vila de Quebec que era entón empregada como simple localización de comercio. En 1627, a creación por Richelieu da Compagnie de la Nouvelle-France permitiu a centos de accionistas o desenvolvemento do Canadá. Ó vindeiro ano, a primeira expedición, que contaba con 400 membros, caeu entre as mans dos británicos e non chegou xamais ó seu destino. Logo da capitulación do Quebec ante os irmáns Kirke, os ingleses ocupan o Quebec e Acadia, de 1629 a 1632. Samuel de Champlain foi feito prisioneiro e despois chegou a quebra da compañía. Tralo Tratado de Saint-Germain-en-Laye, Francia retoma a posesión da colonia en 1632. A vila de Trois-Rivières foi fundada en 1634. En 1640, a Nova Francia tan só contaba con 500 persoas. As guerras iroquesas e as enfermidades foron as principais causas de mortalidade na colonia francesa. En 1642, Paul de Chomedey de Maisonneuve funda Ville-Marie (futuro Montreal) que tan só era, naqueles tempos, un forte que servía de protección contra os ataques dos iroqueses (a primeira guerra iroquesa dura de 1642 a 1667).
esquerda|miniatura|300px|Mapa da Nova Francia, feita por Samuel de Champlain en 1612.
De 1627 a 1663, a poboación pasa 100 habitantes a uns 2,500. En 35 anos, arredor de 1,250 inmigrantes franceses viron a aumentar a pequena poboación orixinal; a natalidade ocupouse de dobrar o seu número. Certas provincias francesas xogaron un papel preponderante: Normandía, Aunis, comté du Perche, París, Poitou, Maine, Saintonge, Anjou e Bretaña.
Os inmigrantes proviñan especialmente das rexións costeiras e de vilas portuarias, así como da grande rexión parisiense.
En 1663, o ministro de Finanzas Jean-Baptiste Colbert estableceu un goberno real en Nova Francia. O territorio debía administrarse como unha provincia francesa baixo o mando dun gobernador. En 1665, o rexemento de Carignan-Salières (rexemento de elite) chegou á colonia co fin de expulsar ou suprimir os iroqueses. En 1666, o intendente da Nova Francia, Jean Talon, organizou o primeiro censo que dá o número de 3,215 habitantes. Grazas ás políticas pronatalistas de Talon así como ao envío de Lois XIV de 900 rapazas casadeiras, a poboación da colonia pasa a ser de 6,700 habitantes en 1672. En 1684, estimulados polos británicos, os iroqueses dirixen unha serie de ataques contra os establecementos franceses. En 1686, os franceses apoderáronse de tres fortes ingleses da baía de Hudson. Baixo o goberno de Frontenac, os franceses levaron a cabo unha serie de incursións contra os postos da Nova Inglaterra e expulsaron os ingleses de Acadia, de Terra Nova e da baía de Hudson. Con todo, en 1687, Francia e Inglaterra asinan o tratado de Ryswick que pon fin a primeira guerra intercolonial. En 1701, asinouse a paz cos iroqueses. A colonia contaba con máis de 15,000 habitantes. Coa sinatura dos Tratados de Utrecht, en 1713, Francia cedeu a Gran Bretaña Acadia (Nova Escocia), Terra Nova e a baía de Hudson.
A guerra dos Sete Anos (1756–1763), entre Gran Bretaña e Francia, trouxo un cambio decisivo en América. As colonias británicas uníronse para rematar coa Nova Francia. En 1755, son desprazados máis de 7,000 acadienses cara á costa americana por orde do gobernador de Nova Escocia (Lawrence), que temía a súa intervención na guerra. En 1756, o xeneral Louis-Joseph de Montcalm desembarca en Nova Francia con 3,000 homes. En 1759, o xeneral británico James Wolfe e o seu exército asediaron durante dez semanas a cidade de Quebec, que capitula tras unha célebre batalla nas chaos de Abraham (durante a cal Montcalm e Wolfe foron feridos mortalmente). Na primavera seguinte, en 1760, houbo unha tentativa de reconquista, e o xeneral Lévis, ó mando dun forte continxente proveniente de Montreal, ataca o Quebec. A derradeira batallaVer: Batalla de Sainte-Foy non foi a decisiva (259 mortos e 829 feridos no bando británico, 193 feridos e 640 mortos nas tropas de Lévis)Jacques Lacoursière. 1995. Histoire populaire du Québec. Des origines à 1791. Septentrion.. Os ingleses batéronse en retirada cara a cidade, deixando tras de si ós seus feridos. Estando Quebec asediada, Lévis agardaba reforzos por mar procedentes de Francia. Debido a que a frota francesa de axuda foi interceptada na Batalla da Ristigouche, estes reforzos non chegaron xamais. Foi máis ben a frota inglesa que chega con máis de 18,000 homes. Lévis levanta o asedio. Despois os británicos apoderáronse de Montreal: a Nova Francia estaba conquistada. A colonia máis grande de Francia contaba por aquel entón con arredor de 55,000 habitantes. A poboación amerindia era por aquel entón duns 600,000 individuos.
O réxime británico (1763-1867) miniatura|250 px|O Baixo Canadá trala acta constitucional de 1791. Gran Bretaña tomou posesión da Nova Francia polo tratado de París en 1763 que pon fin á guerra dos Sete Anos. Esta veu a destrución de lugares importantes do Quebec (Quebec, Côte-du-Sud, Bas-du-Fleuve) e provocou o drama da Grande Perturbación. Un gran número de acadienses fuxiu desta deportación que separou ás familias para sempre e provocou unha grande mortalidade, refuxiándose no Quebec. Hoxe en día haberá arredor dun millón de quebequeses que teñan orixe acadiense.
Co Tratado de París, Francia salvaba os mobles en Europa, pero perdía o seu primeiro imperio colonial, nas Indias e en América.
O rei Lois XV e os seus conselleiros tentaron de consolarse coa conservación de Guadalupe e das illas de azucre, e minimizando a perda do Quebec, entón considerado como unha colonia custosa, un vasto territorio de xeo sen grande importancia para o reino de Francia. Tan só as illas de Saint-Pierre-et-Miquelon permaneceron francesas (para permitirlles pescar en América). Pero Francia non tardará en vingarse axudando ós Estados Unidos na guerra de Independencia.
Por mor deste tratado, a maioría dos aristócratas volveron a Francia. Gran Bretaña, por entón soberana, redactou unha constitución (a Proclamación Real) para a Nova Francia que pasou a ser a «Provincia do Quebec». Esta constitución prevía a un prazo máis ou menos longo a asimilación dos canadenses franceses. Máis de 2,000 deles volveron a Francia entre 1760 e 1770. Os católicos estaban tan desprovistos de dereitos como os de Irlanda: tódalas funcións públicas estaban reservadas á pequena minoría de protestantes. O exército británico fíxose cun gran número de señoríos, namentres que o funcionamento das escolas quebequesas estaba particularmente comprometido, notablemente polo peche á igrexa católica.
Até 1766, os británicos loitaron contra as tribos amerindias aliadas á Francia que rebelábanse baixo a dirección do xefe Pontiac. Para evitar que os problemas das colonias americanas se estendesen ó Canadá, o goberno británico decide pasar a ser máis aberto cos canado-franceses e revoga a Proclamación Real que, entre outras cousas, facía da relixión anglicana a única relixión oficial. En 1774 redactouse o Acta do Quebec que viña a atenuar as veleidades de asimilación de 11 anos antes e establecía os dereitos do pobo canadense, incluída a lingua francesa, o dereito civil e a relixión católica e que ampliaba o territorio da provincia.
Os americanos (á súa testa Montgomery e Arnold) decidiron incluír pola forza os canadenses na súa loita pola independencia. Eles comezaron coa invasión da provincia do Quebec en 1774 (toda a rexión de Montreal pasa polas súas mans), máis, ó ano seguinte, fracasan na súa tentativa de tomar a cidade de Quebec. Os reforzos británicos chegaron en gran número e os americanos foron obrigados a abandonar a provincia. Os canado-franceses permaneceron máis ou menos neutrais durante o conflito, seguindo as recomendacións da Igrexa católica, que tomar partido polos británicos. Seguindo á independencia dos Estados Unidos, os lealistas americanos instaláronse no Quebec. Insatisfeitos polos numerosos dereitos cedidos ós francocanadenses, os ingleses demandaron reformas e obtiveron resposta no Acta constitucional de 1791 que dividiu o territorio no Alto Canadá (o Ontario de hoxe) e o Baixo Canadá (o Quebec de hoxe). O parlamentarismo británico foi adoptado, pero os límites do sistema colonial foron moi criticados e contestados.
miniatura|dereita|Louis-Joseph Papineau cara a 1852