Bai Juyi (chinés tradicional e simplificado: 白居易; pinyin: Bái Jūyì; Wade-Giles: Pai2 Chü1-i4), nome de cortesía Letian (樂天), nado en Xinzheng (Henan) o 28 de febreiro de 772 e finado en Luoyang o 23 de setembro de 846, foi un poeta chinés da dinastía Tang. Tamén foi gobernador de varias provincias chinesas. A súa obra máis coñecida é o poema Chang hen ge (長恨歌, "A balada da eterna tristeza"), sobre a consorte Yang Guifei.

Traxectoria

Naceu no seo dunha familia de letrados con escasos recursos. Aos dez anos a súa familia enviouno preto de Chang'an para se educar, pasou o grao jinshi no ano 800. Escribiu máis de 2800 poemas, nos que empregou unha lingua sinxela e temas directos, os seus poemas máis famosos son Balada da eterna tristeza, que conta a historia de Yang Guifei e Balada do tanxedor de laúde. Os seus poemas foron e continúan a ser moi populares na China. Tamén tivo un papel fundamental no desenvolvemento da poesía xaponesa.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

白居易 (La literatura china en España)

Categoría:Escritores en lingua chinesa Categoría:Escritores da China Categoría:Nados en 772 Categoría:Finados en 846 Categoría:Nados na China