Brian Cusworth, nado o 9 de marzo de 1984 en St. Louis, Missouri, é un ex xogador de baloncesto profesional estadounidense. Formado na Universidade de Harvard mide 2,13 metros, pesa 116 kg e xogaba na posición de pivote.

Traxectoria Brian Cusworth é un pivote de 2,13 metros de altura que se formou na Universidade de Harvard (Ivy League da NCAA) de 2004 a 2007 con medias de 17,4 puntos, 9,1 rebotes e 2,2 tapóns por encontro. En verán do 2007 deu o salto a Europa e fichou polo conxunto estoniano do Tartu Ülikool/Rock, club que participa na Korvpalli Meistriliiga e na Baltic Basketball League. Ese ano fixo 18,4 puntos e 6,3 rebotes na liga estoniana, 15,3 puntos e 5,9 rebotes na liga báltica e 12,9 puntos, 7,2 rebotes e 1,2 tapóns na FIBA EuroCup, competición na que ademais disputou o All Star. En Estonia, Cusworth gañou a liga dese país, ademais de ser designado como o mellor xogador da competición.

En 2008 xogou no Leite Río Breogán da LEB Ouro, equipo co que tivo medias de 16 puntos, 7,1 rebotes e 1,2 tapóns por partido. Posteriormente asinaría co Suzuki Manresa da Liga ACB. Trátase dun xogador moi móbil, áxil e rápido, con boa man para o lanzamento e que ademais destaca xogando de costas a canastra.

Equipos Harvard Crimson (NCAA, 2004−2007) Tartu Ülikool/Rock (KML, 2007−2008) Breogán (LEB, 2008−2009) Suzuki Manresa (ACB, 2009−2010) Maine Red Claws (NBA D-League, 2012) ratiopharm Ulm (BBL, 2013)

Palmarés Clubs Unha Korvpalli Meistriliiga (2008)

Individual Mención de honra da Ivy League (2006) Un MVP Korvpalli Meistriliiga (2008) Un All-Star FIBA Eurocup (2008) Un All-Star BBL (2008) Liga de verán de Golden State Warriors (2007) Liga de verán de New Orleans Hornets (2009)

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en acb.com

Categoría:Xogadores do Club Baloncesto Breogán Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Nados en 1984 Categoría:Nados en St. Louis, Missouri