O Baloncesto Málaga S.A.D., coñecido por motivos de patrocinio como Unicaja Málaga, é un equipo profesional de baloncesto español con sede na cidade de Málaga. Actualmente compite na Liga ACB, disputando os seus encontros como local no Palacio de Deportes José María Martín Carpena, recinto con capacidade para 11 300 espectadores. Entre os maiores éxitos do club están a consecución dunha Liga ACB, conseguida na temporada 2005−06, unha Copa do Rei, conseguida en 2005, e ser o segundo equipo español en derrotar a un equipo da NBA.
Historia O Unicaja foi fundado orixinalmente en 1977 como Club Baloncesto Caja de Ronda. Pouco despois da súa fundación, en 1981, o club consegue ascender á Primeira División, despois Liga ACB, naquela altura máxima categoría do baloncesto español. Desde aquela o equipo só abandonaría a elite nas temporadas 1985−86 e 1986−87. Porén, o Caja de Ronda non era o único equipo de Málaga na ACB. O Club Baloncesto Maristas Málaga, máis coñecido por motivos de patrocinio como Mayoral Maristas, era un club fundado en 1953 que conseguira chegar á ACB en 1988. No ano 1992, pouco despois de que a Caja de Ronda pasase formar parte de Unicaja, ambos clubs fusionáronse formando o actual Baloncesto Málaga. A fusión dos dous clubs tiña como obxectivo a creación dun único equipo forte na cidade que unise a todos os seareiros do baloncesto na cidade. A nivel histórico e estatístico o Unicaja é o continuador do Caja de Ronda.
A temporada 1994−95 foi a que supuxo a engalaxe do equipo. Con Javier Imbroda no banco e con xogadores como Nacho Rodríguez, Sergei Babkov, Mike Ansley ou Kenny Miller, o equipo acabou subcampión da ACB perdendo na final ante o FC Barcelona. Cómpre destacar que o Unicaja puido ter gañado de anotar Ansley unha canastra tripla de Ansley nos intres finais do cuarto partido da final. Con todo, o salto definitivo á elite chegou en 1999 coa chegada de Božidar Maljković ao banco. Con el o equipo foi subcampión da Copa Korać no ano 2000, campión en 2001 e de novo subcampión da Liga ACB en 2002.
No ano 2003 chega como adestrador ao club Sergio Scariolo. Con el ao mando, o club consegue gañar a Copa do Rei en 2005. Destacaban no equipo gañador Jorge Garbajosa, Carlos Cabezas, Berni Rodríguez, Stéphane Risacher, Pepe Sánchez, Fran Vázquez, Walter Herrmann e J.R. Bremer. Porén, o grande éxito do equipo chegaría na seguinte temporada, xa que en 2006 o equipo é quen de gañar a Liga ACB. Xunto con Garbajosa, xusto antes de irse á NBA e sendo nomeado mellor xogador da final, os xogadores máis destacados do equipo desa temporada foron Marcus Brown, Pepe Sánchez, Carlos Cabezas, Berni Rodríguez, Sandro Nicević, Walter Herrmann, Florent Piétrus e Daniel Santiago.
Na temporada 2006−07, o Unicaja acadou outro fito dentro da súa historia ao clasificarse por vez primeira á Final Four da Euroliga. O pase a fase final da competición chegou despois de vencer ao FC Barcelona por 67−64 no terceiro e definitov xogo dos cuartos de final. Porén, o club non é quen de chegar a final ao perder no primeiro encontro ante o CSKA Mosvoca. No partido polo terceiro posto o club consegue gañar ao TAU Vitoria. Outro fito destacábel do club foi a vitoria dos malagueños no ano 2007 aos Memphis Grizzlies da NBA. O equipo estadounidense, con Pau Gasol e Juan Carlos Navarro no elenco, perdeu por 102−99 ante 10 000 espectadores no Palacio de Deportes José María Martín Carpena. Esta vitoria converteunos no segundo equipo español en vencer a un equipo da NBA. O último grande éxito do club chegou na temporada 2016−17 coa consecución da EuroCup Basketball.
Pavillón thumb|O Martín Carperna.
Tanto o Baloncesto Málaga como o Mayoral pasaron por diferentes recintos deportivos da cidade. Antes da fusión, o Caja de Ronda disputaba os seus partidos no Pavillón de Tiro Pichón até que en 1981 se trasladou ao Pavillón de Ciudad Jardín. Por outro lado, o Maristas facíao no Pavillón do Colexio Maristas e posteriormente no Pavillón de Carranque. Tras a fusión, o novo club xogou os seus encontros en Ciudad Jardín. Despois de alzarse co subcampionato de liga en 1995, a demanda de entradas para ver os xogos disparouse, estando o aforamento do pavillón estaba vendido para os socios. Por iso, o Concello de Málaga aprobou a construción dun novo palacio de deportes. Este pavillón, o actualmente chamado Martín Carpena, foi inaugurado en setembro de 1999. Pabellón Guadaljaire (1977–1978) Pabellón Tiro Pichón (1978–1981) Pabellón Ciudad Jardín (1981–1999) Palacio de Deportes José María Martín Carpena (1999–presente)
Xogadores Cadro actual
Dorsais retirados O Baloncesto Málaga retirou o dorsal número 5 na honra de Barni Rodríguez o 26 de xuño de 2012. Dorsais retirados polo Baloncesto Málaga N°XogadorPosiciónEtapa 5 Berni Rodríguez Escolta 1998–2012
Destacados
Álex Abrines Carlos Cabezas Iñaki De Miguel Dani Díez Roger Esteller Xavi Fernández Germán Gabriel Jorge Garbajosa Ricardo Guillén Carlos Jiménez Tomás Jofresa Chuck Kornegay Pablo Laso Jesús Lázaro Juan Antonio Orenga Alfonso Reyes Berni Rodríguez Nacho Rodríguez Fran Vázquez Paco Vázquez Sergi Vidal Ademola Okulaja Pepe Sánchez Walter Herrmann Vítor Faverani Augusto Lima Rafa Luz Veljko Mršić Sandro Nicević Krunoslav Simon Zan Tabak Zoran Dragić Erazem Lorbek Richard Petruska Mike Ansley Joe Arlauckas Roderick Blakney J. R. Bremer Marcus Brown Louis Bullock Juan Dixon Marc Iavaroni Tony Massenburg Ray McCallum Jr. Gary Neal Andy Panko Lou Roe Sean Rooks Ralph Sampson Shammond Williams Joseph Gomis Florent Piétrus Stéphane Risacher Frédéric Weis Georgios Printezis Kostas Vasileiadis Mindaugas Kuzminskas Domantas Sabonis Omar Cook Adam Waczyński Piculín Ortiz Robert Archibald Joel Freeland Jiri Welsch Christian Eyenga Sergei Babkov Valeri Tikhonenko Boniface Ndong Milan Gurović Dragan Milosavljević Nemanja Nedović Jayson Granger Giorgi Shermadini
Galardóns individuais MVP da Final da ACB Michael Ansley – 1995 Jorge Garbajosa – 2006
Mellor quinteto da ACB Jorge Garbajosa – 2005, 2006 Jayson Granger – 2015
Segundo mellor quinteto da ACB Nemanja Nedović – 2017
Campión do Concurso de Triplas da ACB Paco Vázquez – 2001Campión do Concurso de Mates da ACB Florent Piétrus – 2006 James Gist – 2012
MVP da Copa do Rei Jorge Garbajosa – 2005
Segundo Equipo da Euroliga Jorge Garbajosa – 2006
MVP das Finais da EuroCup Alberto Díaz – 2017
Adestradores A seguinte é unha lista dos adestradores do Caja Ronda e do Unicaja desde 1977.
Alfonso Queipo de Llano (1977–1979) José María Martín Urbano (1979–1980) Damián Caneda (1980–1981) Ramón Guardiola (1981–1982) José María Martín Urbano (1982) Moncho Monsalve (1982–1984) Ignacio Pinedo (1984–1985) José María Martín Urbano (1985) Alfonso Queipo de Llano (1985–1986) Arturo Ortega (1986–1987) José María Martín Urbano (1987) Zoran Slavnić (1987–1988) Mario Pesquera (1988–1990) José María Martín Urbano (1990–1992) Javier Imbroda (1992–1998) Pedro Ramírez (1998–1999) Božidar Maljković (1999–2003) Paco Alonso (2003) Chechu Mulero (2003) Sergio Scariolo (2003–2008) Aito García Reneses (2008–2011) Chus Mateo (2011–2012) Luis Casimiro (2012) Jasmin Repeša (2012–2013) Joan Plaza (2013–2018) Luis Casimiro (2018–2021) Fotios Katsikaris (2021–presente)
Palmarés thumb|Berni Rodríguez. EuroCup Campións (1): 2017 Copa Korać Campións (1): 2001 Subcampións (1): 2000 Liga ACB Campións (1): 2005–06 Subcampións (2): 1994–95, 2001–02 Copa do Rei Campións (1): 2005 Subcampións (2): 2009, 2020 Copa Andalucía Campións (13): 1997, 2001, 2003, 2007, 2008, 2010, 2011, 2012, 2014, 2015, 2016, 2017, 2018 Subcampións (5): 1998, 1999, 2000, 2004, 2005
Historial thumb|Carlos Cabezas. AnoNivelLigaCopa do ReiOutras copasCompeticións europeas Caja de Ronda1978–79 21ª Div. B 10º 6–16 1979–80 21ª Div. B 9º 13–17 1980–81 21ª Div. B1º 19–2–5 1981–82 11ª Div. 10º 10–1–15Oitavos de final1982–83 11ª Div. 12º 6–20Cuartos de final1983–84 1Liga ACB 10º 14–16 1984–85 1Liga ACB14º 13–19 1985–86 21ª Div. B 4º 18–15 1986–87 21ª Div. B1º 24–10 1987–88 1Liga ACB 14º 3–30 Copa Príncipe OF1988–89 1Liga ACB 5º 23–15Cuartos de final1989–90 1Liga ACB 5º 21–17Oitavos de final3 Copa Korać 1–11990–91 1Liga ACB 10º 19–21Terceira rolda3 Copa Korać 0–21991–92 1Liga ACB 14º 16–23Segunda rolda Unicaja1992–93 1ACB 6º 19–14Primeira rolda1993–94 1ACB 12º 13–18Cuartos de final1994–95 1ACB2º 32–16Primeira rolda1995–96 1ACB 6º 27–14Cuartos de final1 Euroliga 8–81996–97 1ACB 7º 22–17 3 Copa Korać CF 9–31997–98 1ACB 8º 20–17 3 Copa Korać OF 7–31998–99 1ACB 9º 18–16Cuartos de final3 Copa Korać 2–41999–00 1ACB 8º 22–17Cuartos de final3 Copa Korać 2º 11–52000–01 1ACB 4º 30–11Cuartos de final3 Copa Korać 1º 14–22001–02 1ACB2º 33–10Semifinais1 Euroliga 6–82002–03 1ACB 3º 29–15Semifinais1 Euroliga 8–122003–04 1ACB 4º 23–19 1 Euroliga 4–102004–05 1ACB 3º 27–16CampiónSupercopa 3º 1 Euroliga 6–82005–06 1ACB1º 35–10SemifinaisSupercopa 4º1 Euroliga 15–52006–07 1ACB 8º 17–20Cuartos de finalSupercopa 2º1 Euroliga 3º 14–112007–08 1ACB 4º 19–19Cuartos de final1 Euroliga 13–72008–09 1ACB 3º 27–11Subcampión1 Euroliga 10–62009–10 1ACB 4º 21–18 1 Euroliga 9–72010–11 1ACB 8º 19–17 1 Euroliga 6–102011–12 1ACB 9º 17–17 Cuartos de final1 Euroliga 4–122012–13 1ACB 9º 18–16 1 Euroliga 15–92013–14 1ACB 4º 26–15Cuartos de final1 Euroliga 11–132014–15 1ACB 3º 29–13Semifinais1 Euroliga 8–162015–16 1ACB 6º 20–16 Supercopa 2º1 Euroliga 11–132016–17 1ACB 4º 24–14Cuartos de final2 EuroCup 1º 13–92017–18 1ACB 7º 19–17Cuartos de finalSupercopa SF1 Euroliga 9º 13–172018–19 1ACB 6º 22-15Cuartos de final2 EuroCup CF 12–72019–20 1ACB 10º 15–13Subcampión2 EuroCup — 11–52020–21 1ACB 11º 17–19Cuartos de final2 EuroCup 8–8
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial do Unicaja Perfil do Unicaja en acb.com
Málaga Málaga Categoría:Deporte en Málaga