Ferreira ou Ferreira do Valadouro é unha vila da parroquia de Santa María de Ferreira capital do concello lucense do Valadouro na comarca da Mariña Central.
Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 891 habitantes (418 homes e 473 mulleres), o que supón un aumento con respecto a 2009, cando tiña 725 habitantes.
É a capital do municipio. O título de vila concedeullo a raíña María Cristina de Habsburgo-Lorena o 27 de febreiro de 1894.
Notas
Lugares e parroquias Lugares de Ferreira
Parroquias do Valadouro
Categoría:Lugares do Valadouro