miniatura O lodoeiro ou lodón bravo (Celtis australis), é unha especie pertencente á familia Ulmaceae, aínda que algúns autores a inclúen nas Cannabaceae. En Galiza aparece como ornamental, sendo común coma árbore de beirarrúa. Usábase tradicionalmente para fabricar ganchos.

Nome galego A RAG recolle os termos lodoeiro e lodón. A publicación Termos esenciais de Botánica da Universidade de Santiago de Compostela recolle ademais o termo virgondoiro e a variante dialectal lidueiro. Nalgúns vocábulos aparece como lamigueiro, pero cómpre non confundilo coas árbores do xénero Populus, tamén chamados chopos.

Descrición Morfoloxía É unha árbore caducifolia que pode chegar a medir entre 20 e 25 metros de altura, de tronco recto e casca cinsenta e lisa, semellante á da faia, sen fendas ou engurras; posúe unha copa arredondada e larga. As follas, de 5 a 15 cm de longo, son alternas, pecioladas e de forma ovo-lanceoladas e delicadamente serradas, con dentes de punta máis clara; a face é de cor verde escura algo pubescente e o envés, de cor máis clara con pilosidade nos nervios. Ten estípulas caedizas.As flores pentámeras son inconspicuas, pois non teñen pétalos e o único periantio está formado por 5 sépalos caducos; son de cor amarela verdosa. O froito, é comestíbel e de sabor agradábel; é unha drupa carnosa de arredor dun centímetro de diámetro, case negro por fóra e amarelo no miolo cando está ben chegado, cunha carabuña do tamaño dun gran de pementa. Medra solitario sobre longos pedúnculos nas axilas das follas.

Florea entre marzo e abril, e os seus froitos chegan a fins do verán e polo outono.

Cariotipo 2n=20Datos cariológicos de algunas plantas salmantinas. Sánchez Anta, M. A., F. Gallego Martín & F. Navarro Andrés (1987), Stud. Bot. Univ. Salamanca 6:, p. 169-171

Táxones infraespecíficos Celtis australis subsp. caucasica (Willd.) C.C.Towns. in Fl. Iraq, 4,(1): 73, 1980Celtis en The Plant List

Sinonimia Celtis eriocarpa Decne. in Jacquem. Celtis caucasica Willd. Celtis acuta Buch.-Ham. Celtis excelsa Salisb. nom. illeg. Celtis alpina Royle Celtis australis var. eriocarpa (Decne.) Hook.f. Celtis australis f. variegata Schelle ex Geerinck Celtis kotschyana Steven Celtis lutea Pers. Celtis serrata DippelCeltis australis en The Plant List

Hábitat Medra en cavorcos, abas e nas bandas máis afastadas das orelas de ríos e regueiros, sendo citado coma especie dos bosques de ribeira mediterráneos, formacións de lamigueiros hidrófilas e de ulmeiros"Vegetación de Ribera de la Mitad Norte Española". Lara, F.; Garilleti, R., y Calleja, J.A.; Monografías CEDEX; M81, sempre de climas temperados. Non adoita formar bosques, aparecendo xeralmente illado sobre solos soltos e frescos, incluso pedrentos, independentemente da súa natureza calcaria ou silícea.

Distribución Nativo da Conca Mediterránea e Europa central, até altas latitudesCeltis australis en The Euro+Medit Plantbase. Naturalizado e/ou cultivado no resto do mundo.

Está moi estendido na rexión mediterránea e o suroeste de Asia, empregándose acotío coma árbore ornamental en parques e xardíns, e na aliñación de rúas pola súa tolerancia á contaminación. Tense usado tradicionalmente, por mor á boa relación peso-resistencia que ten a súa madeira, para facer certas ferramentas agropecuarias como angazos, forcas e as súas raíces para elaborar pipas para fumar.

Na Península Ibérica é relativamente frecuente en toda a vertente mediterránea, Andalucía e Estremadura. En Galiza é máis común coma ornamental.

Ecoloxía Reprodúcese tanto por semente como por esgallo, e a súa capacidade para se establecer sobre solos predrentos faino moi útil en traballos de restauración e suxeición de terreos degradados. Del aliméntanse as larvas do lepidóptero Hestina persimilis.

Propiedades Principios activos: contén taninos e mucilaxes.

Notas

Categoría:Plantas medicinais Categoría:Árbores Categoría:Plantas ornamentais Categoría:Celtis Categoría:Árbores de ribeira Categoría:Flora da conca mediterránea Categoría:Plantas descritas en 1753