250px|miniatura|Articulación do ombreiro humano. Vista traseira. O ombreiro ou ombro é a articulación complexa entre o brazo (ou membro superior) e a cintura escapular, ou sexa, a estrutura do tórax dos vertebrados constituída pola clavícula e pola escápula.
Porén, o ombro está formado por catro articulacións separadas e por un complexo de músculos.
Articulacións As articulacións son: a articulación glenoumeral, que consiste no encaixe da “cabeza” do úmero na cavidade glenoide da omoplata; a articulación acromioclavicular, que liga a clavícula á apófise acromial da escápula; a articulación esternoclavicular, entre a clavícula e o esterno; e as ligazóns da escápula cos músculos da columna torácica e cervical
Músculos Os músculos que fan mover o brazo son: o pectoral, que empurra o brazo cara a adiante; o músculo trapecio, que eleva o ombro; o deltoide, nas costas, que empurra o brazo en dirección posterior; e o grande dorsal, que empurra o brazo para baixo.
Na ligazón entre o ombro e o pescozo, existe un espazo triangular entre os músculos pectoral e o deltoide, con base na clavícula – a “saboneteira” – por onde pasa a vea cefálica para se xuntar coa vea axilar.
O deltoide, cubrindo a cabeza do úmero, cun conxunto de músculos menores, e que forman a proeminencia do ombro e impiden que esta articulación se desloque (luxación).
O pectoral forma a parte anterior da axila, mentres que a posterior está formada polos músculos grande dorsal e “teres major” ou redondo maior. Os vasos sanguíneos axilares e o plexo braquial atravesa esta rexión.
Galería de imaxes
Véxase tamén
Ligazóns externas Instituto de Ciências Biologicas – Univ.Fed.Minas gerais – Roteiro de membro superior
Categoría:Anatomía rexional