A noz, nó da gorxa ou mazá de Adán, coñecida medicamente como prominentia laryngea, é unha protuberancia da cartilaxe tiroide da larinxe, existente baixo o óso hioide, no pescozo humano, e un dos órganos relacionados co proceso da fala. Presenta un maior desenvolvemento nos individuos do sexo masculino, pola maior presenza de hormonas masculinas, principalmente a testosterona.

Presenta unha entalla superior facilmente palpábel, que representa a unión das dúas porcións de dita cartilaxe. O ángulo de encontro é máis agudo nos homes (90°) que nas mulleres (120º). Por debaixo continúase coa cartilaxo cricoide. Considérase que o seu desenvolvemento no home é unha característica sexual secundaria masculina, produto da actividade hormonal masculina. O seu grao de desenvolvemento depende de cada individuo e producirase o ensachamento de dita zona na puberdade de maneira moi rápida, xerando o cambio da voz. Canto máis ancha sexa a dita zona, máis grave será a voz da persoa.

Etimoloxía A orixe do termo estaría na pasaxe bíblica do pecado orixinal, onde Adán comeu o "froito prohibido" despois de Evam e ficaría co carozo preso na garganta.

Notas

Categoría:Anatomía rexional