Since We've Become Translucent é o sexto álbum da banda grunge Mudhoney, editado o 20 de agosto do 2002 a través do selo Sub Pop. O álbum foi a primeira gravación da banda despois da saída do seu baixista orixinal, Matt Lukin, tres anos antes. Tamén foi o seu primeiro álbum despois de deixar Repise Records e regresar á Sub Pop.
Since We've Become Translucent marcou un notable cambio no son da banda. O álbum deixou un pouco de lado o seu típico son "garaxeiro" e achégase a un rock máis accesible. Porén, en temas como "Baby, Can You Dig the Light", exploran a psicodelia, o synthpop e o jazz.
Listaxe de cancións "Baby, Can You Dig the Light?" - 8:26. "The Straight Life" - 3:33. "Where the Flavor Is" - 3:34. "In the Winner's Circle" - 4:27. "Our Time Is Now" - 3:39. "Dyin' for It" - 4:54. "Inside Job" - 2:52. "Take It Like a Man" - 2:35. "Crooked and Wide" - 4:54. "Sonic Infusion" - 7:40.
Categoría:Álbums de Mudhoney Categoría:Álbums musicais de 2002 Categoría:Álbums de Sub Pop Records