Francisco García Álvarez, coñecido como Paco García, nado en Valladolid o 23 de abril de 1967, é un adestrador de baloncesto profesional español que adestrou durante sete tempadas ao Club Baloncesto Breogán de Lugo. Dende o ano 2011 é adestrador da selección de baloncesto da República Centroafricana.

Traxectoria 1984-85 : Adestrador nas categorías inferiores do Fórum Valladolid. 1985-87 : Segundo adestrador axudante de Mario Pesquera no Fórum Valladolid. 1987-90 : Adestrador axudante de Felipe Coello no Júver Murcia. 1990-91 : Adestrador do C.B. Palencia (Segunda División). 1991-93 : Segundo adestrador axudante de Herb Brown e de Iñaki Iriarte no Taugrés Vitoria. 1993-95 : Segundo adestrador axudante de Manel Comas no Taugrés Vitoria. 1995-96 : Adestrador do Espolón Burgos (Liga EBA). 1996-97 : Balneario de Archena (Liga EBA) e Fórum Valladolid. 1997 : Fórum Valladolid 1997-02 : Adestrador do Breogán Lugo (ACB). 2002-04 : Tenerife Baloncesto 2004-05 : Plus Pujol Lleida dende a xornada catorce 2005-06 : Fórum Valladolid 2006-08 : Leite Río Breogán 2009-11: Club Ourense Baloncesto 2011: República Centroafricana

Palmarés Tres veces campión da Copa Galicia, 1998, 2000 e 2007. Campión da Liga Española de Baloncesto co Breogán Universidade na tempada 1998-99. Medalla de Ouro coa Selección de España B nos Xogos do Mediterráneo de Bari-97. Medalla de Bronce coa Selección de España Universitaria na Universiada de Palma de Mallorca 99. Medalla de Bronce coa Selección de España Moza no Campionato de Europa de Ohrid-2000. Adestrador da Selección Nova de España no Mundial do Xapón-2001 que logra o 5º posto. Campión Autonómico con Júver Murcia Júnior na tempada 88-89. Campión Provincial e Autonómico con Fórum Valladolid Xuvenil na tempada 96-97. Medalla de Prata no Campionato de Europa sub-23 de Turquía-1996 como adestrador axudante. Subcampión de Europa e da Copa do Rei como adestrador axudante no Taugrés Vitoria na tempada 1993-94. Campión da Copa do Rei e Subcampión de Europa na tempada 1994-95 sendo adestrador axudante no Taugrés Vitoria.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na web da ACB Ficha na web da AEEB

Categoría:Nados en Valladolid Categoría:Nados en 1967 Categoría:Adestradores de baloncesto de España Categoría:Adestradores do Club Baloncesto Breogán Categoría:Adestradores do Club Ourense Baloncesto