Adventure é un videoxogo desenvolvido por Warren Robinett para o Atari Video Computer System (posteriormente chamado Atari 2600) e distribuído en 1980 por Atari, Inc. O xogador controla un avatar cadrado cuxa misión é explorar un ambiente aberto para atopar un cáliz máxico e devolvelo ao castelo dourado. O mundo do xogo está poboado de inimigos itinerantes: tres dragóns que poden comer o avatar e un morcego que rouba e esconde elementos ao chou polo mundo do xogo. Adventure introduciu novos elementos nos xogos de consola, incluíndo unha zona de xogo que abarca varias pantallas e inimigos que seguen movéndose cando están fóra da pantalla.
Modo de xogo En Adventure, o obxectivo do xogador é recuperar o cáliz encantado que un malvado mago roubou e escondeu no reino, e devolvelo ao Castelo Dourado.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Videoxogos de 1980 Categoría:Videoxogos dun só xogador Categoría:Videoxogos de Atari Categoría:Videoxogos de Atari 2600 Categoría:Videoxogos exclusivos de Atari 2600 Categoría:Videoxogos desenvolvidos nos Estados Unidos de América Categoría:Videoxogos de mundo aberto