Hermenerico (en latín: Hermenericus, Herminericus ou Hermanaricus) foi rei do Reino suevo de Galicia documentado por Antonio de Yepes, que segundo as fontes gobernou o reino de Galiza no 485 durante o período escuro que proseguiu trala morte do historiador Hidacio de Chaves no 469. Neste período os suevos eran maioritariamente cristiáns arianos, Hermenerico era presuntamente destrutor de igrexas e un perseguidor de cristiáns católicos.
Tivo que reinar antes do ano 485 cando xa documentalmente se coñece o reinado de Veremundo. A falta de diversidade de fontes fai dubidar da cronoloxía do reinado deste monarca suevo e incluso da súa real existencia.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía López Carreira, A; Fernández Calo, T. (2003). Os reis de Galicia. Vigo: A Nosa Terra. ISBN 8496203271.
Categoría:Reis suevos Categoría:Reis de Galicia