Para o equipo que xogou na Liga ACB até 1996, véxase CB Zaragoza. O Basket Zaragoza 2002 S.A.D., coñecido por motivos de patrocinio como Casademont Zaragoza é un club de baloncesto profesional español con sede na cidade de Zaragoza, Aragón. Fundado no ano 2002, xurdiu coa idea de recuperar o baloncesto de elite en Zaragoza após as dificultades que atravesaba o Club Baloncesto Zaragoza. Actualmente o club participa na Liga ACB, máxima categoría do baloncesto español. O pavillón onde xogan os seus encontros como local é o Príncipe Felipe, inaugurado o 17 de abril de 1990 e con capacidade para 10 744 espectadores.

Historia Debido ás dificultades económicas que afastaron ao Club Baloncesto Zaragoza da elite en 1996, en 2002 un grupo de empresarios funda o Basket Zaragoza 2002 co propósito de devolver á capital aragonesa ao baloncesto de elite masculino. Co apoio financeiro da Caja de Ahorros de la Inmaculada (CAI, do castelán: Caixa de Aforros da Inmaculada), o club comprou a praza do Sondeos do Norte coruñés, equipo que militaba na LEB. Porén, as primeiras andainas non resultaron nada sinxelas. De feito, o equipo houbo de pelexar até o final por non perder a categoría. Após seis temporadas en LEB, o equipo conseguiría o ascenso á Liga ACB o 9 de maio de 2008 tras ao derrotar a L'Hospitalet por 27 puntos (91−64). A primeira temporada do equipo zaragozano na elite iniciouse coa Supercopa, a cal que disputaba o cadro aragonés en calidade de anfitrión. Xa en liga, o equipo acaba en último lugar e descende tan só un ano despois á LEB Ouro.

O descenso supuxo unha renovación na dirección técnica con Willy Villar ao mando e sendo o José Luís Abós o técnico elixido para devolver o equipo á categoría perdida a tempada anterior. Na primeira temporada co novo adestrador o equipo regresa á ACB. Tras asentarse durante os seguintes anos na máxima categoría, en abril de 2013 o equipo clasifícase por vez primeira aos playoffs, conseguindo chegar ás semifinais após venceren ao Valencia Basket en cuartos de final (1−2). En seminais foron eliminados polo Real Madrid por 3−0. Desde aquela, o equipo non conseguiu volver disputar as semifinais da competición. A nivel europeo, o club tan participado na EuroCup, na Basketball Champions League e na FIBA Europe Cup.

Patrocinios Por motivo de patrocinio, o club tivo diversos nomes ao longo da súa historia: CAI Zaragoza (2002−2016) Tecnyconta Zaragoza (2016–2019) Casademont Zaragoza (2019–presente)

Xogadores Cadro actual

Destacados

Pablo Aguilar Alberto Angulo José Ángel Antelo Carlos Cabezas Pep Cargol Quino Colom Alberto Corbacho Albert Fontet José Luis Galilea Pedro Llompart Andrés Miso Fran Murcia Fran Vázquez Paolo Quinteros Lucas Victoriano Sam Van Rossom Damjan Rudež Michael Roll Andre Turner Jón Stefánsson Henk Norel Rubén Garcés Robert Archibald Giorgi Shermadini

Adestradores A seguinte é unha lista dos adestradores do Basket Zaragoza desde a súa fundación.

José Luis Oliete (2002−2003) Ranko Žeravica (2003) Alfred Julbe (2003−2004) Óscar Quintana (2004−2005) Alfred Julbe (2005−2006) Chus Mateo (2006−2007) Curro Segura (2007−2009) Alberto Angulo (2009) José Luis Abós (2009−2014) Joaquín Ruiz Lorente (2014−2015) Andreu Casadevall (2015−2017) Luis Guil (2017) Jota Cuspinera (2017−2018) Pep Cargol (2018) Porfirio Fisac (2018−2020) Diego Ocampo (2020) Sergio Hernández (2020−2021) Luis Casimiro (2021) Jaume Ponsarnau (2021−presente)

Palmarés LEB Oro Campións (2): 2008, 2010 Copa Príncipe Campións (1): 2004

Historial AnoNivelLigaCopa do ReiOutras copasCompeticións europeas2002–03 2 LEB 14º 15–202003–04 2 LEB 4º 25–19Copa Príncipe C2004–05 2 LEB 6º 19–18Copa Príncipe SF2005–06 2 LEB 4º 30–122006–07 2 LEB 3º 26–162007–08 2 LEB Oro1º 28–6Copa Príncipe 2008–09 1 ACB17º 8–24Supercopa 2º2009–10 2 LEB Oro1º 27–72010–11 1 ACB 10º 16–182011–12 1 ACB 10º 16–182012–13 1 ACB 3º 23–17Cuartos de finalSupercopa 2013–14 1 ACB 8º 18–18Semifinais2 EuroCup 8–82014–15 1 ACB 9º 18–16Cuartos de final2 EuroCup 6–102015–16 1 ACB 12º 13–212 EuroCup 12–62016–17 1 ACB 15º 9–232017–18 1 ACB 16º 10–242018–19 1 ACB 6º 18-16 2019–20 1 ACB 6º 17–11Cuartos de final3 Champions League 4º 13–62020–21 1 ACB 13º 14–22 3 Champions League 3º 11–3

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina web oficial do Basket Zaragoza Perfil do Basket Zaragoza en acb.com

Zaragoza Zaragoza Categoría:Deporte en Zaragoza