Manel Puigbó Rocafort, nado en Terrassa o 31 de agosto de 1931, e profesor universitario, deportista e investigador informático, coñecido por ser deseñador do Kentelec 8.

A partir dos anos 70 Manel Puigbó deseñou unha serie de equipos electrónicos enfocados maiormente a ensinanza da electrónica e a informática. Destaca o Kentelec 8, por ser o primeiro ordenador comercial baseado en microprocesador deseñado en España. Tamén deseñou varias calculadoras dixitais e analóxicas, un corrector automático de exames e diversos equipos enfocados o estudo e análise de circuítos.

É o tradutor de diverso libros técnicos e manuais e foi docente na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais de Barcelona e na Universidade Politécnica de Cataluña. Na actualidade imparte aulas de informática musical.

Como deportista foi tres veces campión do mundo de hóckey a patíns, gañou diversas copas de Europa e varios campionatos de España e Cataluña. Tamén gañou dous campionatos de España de hóckey sobre herba e foi adestrador do equipo dese deporte do F. C. Barcelona.

Véxase tamén

Ligazóns externas Sobre Manel Puigó en Zona de Pruebas .

Categoría:Personalidades da informática Categoría:Adestradores de hóckey herba Categoría:Xogadores de hóckey a patíns de Cataluña Categoría:Xogadores de hóckey herba de España Categoría:Nados en Terrasa Categoría:Nados en 1931