José Manuel Reina Páez, máis coñecido como Reina ou Pepe Reina, nado en Madrid o 31 de agosto de 1982, é un futbolista español. Xoga de porteiro e o seu actual equipo é o SS Lazio da Serie A italiana. É fillo do porteiro cordobés Miguel Reina.

Tamén xoga na selección de fútbol de España, coa que gañou a Copa Mundial de Fútbol en 2010 e as Eurocopas de 2008 e 2012, un triplete inédito na historia do fútbol.

Traxectoria FC Barcelona Naceu en Madrid, onde o seu pai, Miguel Reina, fixou a súa residencia tras retirarse no Atlético de Madrid. Comezou a xogar na Escola de Fútbol Madrid Oeste de Boadilla del Monte. En 1995 pasou ao fútbol base do FC Barcelona, club no que o seu pai desenvolvera a maior parte da súa carreira profesional. Pasou polos equipos infantís (1995-96), cadetes (1996-98) e xuvenís (1998-99) ata chegar ao filial en 1999, realizando a pretemporada dese ano co primeiro equipo.

A tempada 2000-01 empezouna no filial en Segunda División B, pero as sucesivas lesións dos dous porteiros do primeiro equipo, Richard Dutruel e Francesc Arnau, permitíronlle debutar en Primeira División con tan só 18 anos. Foi o 2 de decembro de 2000 nun partido ante o Celta de Vigo que finalizou con empate a tres. Reina saltou ao campo no minuto 49, en substitución do lesionado gardameta francés.

O técnico, Lorenzo Serra Ferrer, deulle continuidade como titular e Reina disputou esa tempada 19 partidos de liga, ademais de defender o arco azulgrana na Copa da UEFA, onde o seu equipo alcanzou as semifinais.

A tempada 2001-02 perdeu protagonismo tras a fichaxe do internacional arxentino Roberto Bonano, xogando a metade de encontros oficiais que a anterior campaña: 16 (once partidos de Liga, un de Copa do Rei e catro de Liga de Campións). Ao termo da tempada é traspasado por cinco anos ao Villarreal CF, aínda que o club catalán reservábase unha opción de recompra.

Vilarreal CF No seu novo destino rapidamente fíxose coa titularidade e converteuse nun dos puntais dun equipo, polo que ao finalizar a tempada 2002-03 o Villarreal CF decidiu facerse co 100% dos dereitos do xogador, a cambio de seis millóns de euros e o pase de Juliano Belletti ao FC Barcelona.

No seu segundo ano en Vila-real o equipo amarelo conquistou a Copa Intertoto -primeiro título oficial na historia do club-, o que lles permitiu participar na Copa da UEFA, onde alcanzaron as semifinais.

A tempada 2004-05, ademais de sumar unha nova Copa Intertoto, clasificou ao seu equipo para a Liga de Campións, un éxito sen precedentes para o modesto club castellonense, tras finalizar a liga en terceira posición. Esa tempada destapouse como un especialista en parar lanzamentos de penaltis, chegando a deter sete das nove penas máximas que lle chutaron.

Liverpool FC Logo de tres anos de éxitos en Villarreal, en xullo de 2005 Rafa Benítez decidiu fichalo para o Liverpool FC inglés, que se acababa de proclamar campión de Europa. Pronto desprazou ao banco ao internacional polaco Jerzy Dudek, que fora un dos protagonistas destacados da conquista do título europeo.

No club inglés estableceu unha marca como o gardameta que mantivo a súa portería a cero durante máis minutos. No partido de semifinais da Liga de Campións 2006-07 contra o Chelsea parou tres penaltis de catro que lle tiraron e en Liverpool é un heroe. Fixera o mesmo no final da Copa Inglesa contra o West Ham United na tempada 2005-06 para gañar a copa.

Selección nacional Foi internacional coa selección de España en once ocasións (ata agosto de 2008). Antes de debutar coa selección absoluta, foi internacional en varias das categorías inferiores de España: Sub-16, Sub-17, Sub-18 e Sub-21. Formou parte do combinado español que conquistou a medalla de bronce no Mundial Sub-17 de 1997.

O 17 de agosto de 2005 fixo o seu debut coa selección absoluta, nun partido amigable contra o Uruguai no Molinón de Xixón.

Foi un dos integrantes do combinado nacional que participou na Copa Mundial de Fútbol 2006 e, posteriormente, na Eurocopa 2008, onde os españois se proclamaron campións. En devandito torneo disputou un partido da primeira fase, ante Grecia, onde o conxunto español impúxose 1-2 aos gregos. Tamén integrou o combinado nacional que gañou a Copa Mundial de Fútbol 2010, celebrada en Suráfrica e a Eurocopa 2012, disputada en Polonia e Ucraína. Foi o speaker nas celebracións da Mundial 2010, realizada en Madrid o 12 de xullo de 2010 e da Eurocopa 2012, celebrada o 2 de xullo dese ano tamén na capital.

Participacións en Copas do Mundo MundialSedeResultadoMundial 2006 AlemañaOitavos de finalMundial 2010 SuráfricaCampión

Participacións en Eurocopas EurocopaSedeResultadoEurocopa 2008 Austria SuízaCampiónEurocopa 2012 Polonia UcraínaCampión

Estatísticas Actualizado o 16 de maio de 2012. SeasonClubCategoríaLigaCopaCopa da LigaContinentalTotalPXGEPXGEPXGEPXGEPXGE EspañaLigaCopa do Rei-EuropaTotal1999–00Barcelona BSegunda División B30? 30?2000–0111?11?2000–01BarcelonaPrimeira División195747333122001–0211410421662002–03Villarreal339004?3792003–0438110012650172004–053814001164920 InglaterraLeagueFA CupLeague CupEuropaTotal2005–06LiverpoolPremier League33205200137531302006–0735190010147512262007–083818000014652242008–093820200011551252009–103817100013452212010–113814100011550192011–1234125072 4214TotalEspaña1804384 381722664Inglaterra254120132827634354159Total carreira4311632168211451580223 1 Tamén xogou dous partidos da Copa Mundial de Clubs da FIFA. 2 Tamén xogou a FA Community Shield.

Palmarés Campionatos nacionais TítuloClubPaísAnoFA CupLiverpool FCInglaterra2006Community ShieldLiverpool FCInglaterra2006Football League CupLiverpool FCInglaterra2012

Copas internacionais TítuloClubPaísAnoCopa IntertotoVillarreal CFEspaña2004Copa IntertotoVillarreal CFEspaña2005Supercopa de EuropaLiverpool FCInglaterra2005EurocopaSelección nacionalAustria/Suíza2008Copa Mundial de FútbolSelección nacionalSuráfrica2010EurocopaSelección nacionalPolonia/Ucraína2012

Distincións individuais DistinciónAnoPremio Luvas de ouro2006Premio Luvas de ouro2007Premio Luvas de ouro2008Xogador da tempada no Liverpool FC2010Xogador do mes de decembro para Standard Chartered2010

Vida persoal Actualmente reside en Liverpool, está casado con Yolanda Ruiz e ten tres fillos, Grecia, Alma e Luca. Adoita viaxar a Madrid e Córdoba, onde viven os seus pais. Pepe destacou sempre pola súa humildade e solidariedade. É considerado o show-man da selección española

O 1 de xullo de 2012 tras gañar España a Eurocopa, Pepe Reina luciu a camiseta do Real Betis Balompié, co dorsal 26 e o nome de Miki Roqué, xogador bético falecido unha semana antes da final da Eurocopa por un cancro de pelve co que levaba loitando un ano enteiro tras a súa retirada do fútbol.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha de Reina no Liverpool Entrevista de xuño de 2008 en El Mundo 20 Minutos - Pepe Reina, o rei da festa de España

Categoría:Nados en 1982 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Futbolistas da Comunidade de Madrid Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Xogadores do FC Barcelona B Categoría:Xogadores do FC Barcelona Categoría:Xogadores do Villarreal CF Categoría:Xogadores do Liverpool FC Categoría:Xogadores do SSC Napoli Categoría:Xogadores do FC Bayern München Categoría:Xogadores do AC Milan Categoría:Xogadores do Aston Villa FC Categoría:Xogadores do SS Lazio Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-21 Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España Categoría:Medalla de Ouro da Real Orde do Mérito Deportivo Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2014 Categoría:Futbolistas gañadores da Eurocopa Categoría:Futbolistas gañadores do Mundial