Pedro Romero Martínez, nado en Ronda (provincia de Málaga) o 19 de novembro de 1754 e finado en Ronda o 10 de febreiro de 1839, foi un toureiro español, coñecido tamén como "O infalible". Os seus avó, pai e tres irmáns tamén foron toureiros. É atribuído ao seu avó, Francisco Romero, ser o primeiro en utilizar a muleta e o estoque.

Pedro Romero foi rival dos toureiros Pepe-Hillo e Joaquín Rodríguez Costillares. Francisco Montes Paquiro foi o seu discípulo.

Véxase tamén

Ligazóns externas Biografía de Pedro Romero en andalucia.com Pedro Romero en portaltaurino.com

Categoría:Toureiros de España Categoría:Nados en Ronda Categoría:Nados en 1754 Categoría:Finados en 1839