El Eco de Galicia (Revista semanal de ciencias, arte y literatura) foi un xornal galego editado na Habana desde 1878 ata 1902.

Historia e características miniatura|Carta de 1884 de Rosalía Castro a Waldo A. Insúa, publicada o 28/2/1886. Foi o primeiro gran xornal galego na emigración. O primeiro número saíu o 8 de marzo de 1878. O seu nacemento e evolución están vencellados ao seu director, Waldo A. Insúa, que foi o iniciador do Centro Gallego de La Habana desde as páxinas do xornal. Entre xullo e outubro de 1901 estivo dirixido por Eduardo Núñez Sarmiento.

El Eco de Galicia era un xornal escrito en castelán, con colaboracións literarias en galego. Tiña información sobre a vida societaria galega en Cuba (Centro Gallego e Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia), noticias locais de Galicia e publicidade dos principais negocios galegos da Habana.

Os seus derradeiros números editáronse en 1902. Foi substituído por Galicia.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Centro Gallego de La Habana Ligazóns externas

El Eco de Galicia, nº 853 29/10/1898.

Categoría:Prensa galega da emigración Categoría:Cultura da Habana