O Paris Saint-Germain Football Club, máis coñecido como PSG, é un club de fútbol francés, da cidade de París. Foi fundado en 1970 e xoga na Ligue 1 francesa.
Estivo presente en Primeira División desde 1974, e obtivo no seu palmarés dous títulos de Liga, oito Copas de Francia, tres Copas de Liga e unha Recopa de Europa.
Historia En 1970 o equipo refúndase, xa que o antigo club, o Stade Saint-Germain fundado en 1904, desapareceu. O novo equipo chámase Paris FC, e un ano máis tarde debuta na Ligue 1 francesa. Máis adiante o equipo cámbiase o nome polo de Paris Saint-Germain Football Club. O club volveu ascender á Ligue 1, categoría na que permaneceu desde entón.
O equipo gaña o seu primeiro título, a Copa de Francia en 1982, e en 1986 consegue o seu primeiro título de Liga.
En 1996 o club consegue o seu primeiro título internacional, a Recopa de Europa, 5 anos despois, o PSG consegue levantar a súa segunda coroa europea, a Copa Intertoto, nunha emocionante final, na que tras empatar 0-0 na ida, logrou marcar un gol na visita ao Brescia italiano, que ao final terminou en empate, dándolle ao PSG o seu segundo título europeo, pola diferenza de goles fóra de casa.
As súas últimas tempadas na Liga foron bastante pobres e decepcionantes. Na tempada 2006-07 estivo a piques de descender á Ligue 2, pero grazas a unha importante remontada nas últimas datas finalizou no posto 15 salvando a categoría. Na tempada seguinte tamén estivo ao bordo de perder a categoría, pero se recuperou nos 4 últimos partidos sacando 2 vitorias e 2 empates e finalizando 16º. Unha loita na cal outros 2 equipos estiveron involucrados por non obter a terceira cota á Ligue 2 (18ª posición), Toulouse e Lens, este último terminaría descendendo.
Uniforme miniatura|200px|Distintos uniformes do PSG Uniforme titular: Camiseta azul cunha raias finisimas en vertical vermellas e dúas branca, pantalón azul e medias azuis. Uniforme alternativo: Camiseta branca con bordeados vermellos, pantalón vermellos e medias brancas.
Estadio
O PSG xoga como local desde xullo de 1974 no estadio Parc des Princes, inaugurado o 18 de xullo de 1897. Antigamente había un velódromo no seu interior. O estadio actual foi inaugurado en 1972. O arquitecto que o deseñou foi Roger Taillibert e na actualidade conta cunha capacidade de 48.712 persoas.
Datos do club
Tempadas en 1ª: 31 Tempadas en 2ª: 2 Mellor posto na liga: 1º (1986 e 1994) Peor posto na liga: 16º (1972 e 2008) Adestradores importantes: Just Fontaine, Luis Fernández, Gérard Houllier, Artur Jorge, Georges Peyroche, Roger Quenolle.
Xogadores Cadro actual Actualizado o 20 de febreiro de 2015.
Palmarés Torneos nacionais Ligue 1 (3): 1985–86, 1993–94, 2012–13 Ligue 2 (1): 1970–71 Copa de Francia (8): 1981–82, 1982–83, 1992–93, 1994–95, 1997–98, 2003–04, 2005–06, 2009–10 Copa da Liga (4): 1994–95, 1997–98, 2007–08, 2013–14 Supercopa de Francia (2): 1995, 1998 Subcampión da Ligue 1 (7): 1988–89, 1992–93, 1995–96, 1996–97, 1999–00, 2003–04, 2011–12 Subcampión da Copa de Francia (4): 1984–85, 2002–03, 2007–08, 2010–11 Subcampión da Copa da Liga (1): 1999–00
Torneos internacionais Recopa de Europa (1): 1996 Copa Intertoto (1): 2001 Subcampión da Recopa de Europa: 1997
Véxase tamén Outros artigos Paris Saint-Germain Handball
Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Paris Saint-Germain FC