Sueiro Gómez de Soutomaior,Boullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): Guía de nomes galegos A Coruña: Real Academia Galega. (nalgunhas publicacións aparece como Suero Gómez de Sotomayor e mesmo Soro Gómez de Soutomaior, M. C.; , E. De Xelmírez aos Irmandiños. A Galicia feudal (séculos XII-XV). A gran historia de Galicia, Tomo V, Volume 2. pp. 21, 37 e 50 (2007).) nado en Rianxo cara a 1417 e finado en Pontevedra cara a 1490, foi un destacado aristócrata do reino de Galiza durante o século XV, herdeiro dunha liñaxe que se remonta polo menos ao seu tataravó, o grande almirante e adiantado galego Paio Gómez Chariño. Fillo de Paio Gómez de Soutomaior, ostentou o título de mariscal de Castela. Viviu nun tempo convulso, con graves tensións entre os diferentes nobres e os irmandiños. Foi señor das fortalezas e terras de Rianxo, Lantaño, San Tomé, Portonovo, Vilamaior, O Carril e A Insua e das terras de Posmarcos, Tabeirós, Cela e Sobrán. Serviu a Xoán II e en 1445 fíxose cargo da defensa das vilas de Pontevedra e Vilanova de Arousa.

Testou en Vilanova en 1485 e foi enterrado en San Domingos de Pontevedra. O seu sartego, cuberto coa súa escultura xacente, cunha hermética armadura e espada entre as mans , estivo exposto nas Ruínas de San Domingos ata que foi trasladado ó Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.

Traxectoria Fillo de Paio Gómez de Soutomaior e Maior de Mendoza (sobriña do arcebispo Lope de Mendoza), naceu cara ao ano 1417 sendo primo do famoso "Pedro Madruga"; casou con Leonor Vasques de Insua.

En 1451 enfrontouse co arcebispado de Santiago de Compostela polas rendas da igrexa de Santo Adrián de Vilariño, Cambados. miniatura|Sueiro Gómez de Sotomaior recibiu de seu pai a vila de Rianxo. O 7 de outubro de 1458 Bernal Yáñez de Moscoso, Pedro Bermúdez de Montaos, Sueiro Gómez de Soutomaior e Lope Pérez de Moscoso xúntanse con outros no Mosteiro de San Paio de Antealtares acordando auxiliarse mutuamente no mellor servizo real, en realidade coa intención de arrebatar o señorío temporal de Santiago ao arcebispo Rodrigo de Luna, ausente por estar nas guerras na fronteira do Reino de Granada.

No ano 1459 o conde de Trastámara Pedro Álvarez Osorio pon cerco ao Castelo da Rocha Forte. Asedio no que participan Bernal Yáñez de Moscoso, Sueiro Gómez de Soutomaior e Lope Pérez de Mendoza, que cercaron a fortaleza, como narra Antonio López Ferreiro e "abrieron fosos, levantaron empalizadas, montaron trabucos el máquinas para lanzar piedras y construyeron otros aparatos bélicos".

Guerra Irmandiña Durante a Gran Guerra Irmandiña, Sueiro foi un dos nobres que combateu o movemento irmandiño, o mesmo que pretendía reducir o poder nobiliario sobre os campesiños e sobre os fidalgos pouco favorecidos economicamente. Esta postura antiirmandiña será a que o leve a xurar o 3 de novembro de 1470,"De vitoria en derrota" en un pacto contra o arcebispo Fonseca e Acevedo, a marquesa de Astorga e a Irmandade, e na que participan con el, outros sete altos nobres do reino: Pedro Álvarez Osorio, Xoán de Zúñiga, Sancho de Ulloa, Pedro Alvares de Soutomaior, Lopes Sanches de Moscoso, Diego de Andrade e Diego de Lemos. miniatura|Sueiro Gómez de Soutomaior foi soterrado en San Domingos de Pontevedra. Como consecuencia deste pacto, había tomar partido na batalla de Altamira (acontecida o 13 de xuño de 1471), dentro da coalición de nobres do reino formada por Gomes Peres das Mariñas, Diego de Andrade, Pedro Álvarez de Soutomaior e Pero Pardo de Cela, entre outros, que tentaba acabar coas revoltas antiseñoriais. Desde a vitoria contra os exércitos irmandiños de Afonso de Lanzós e do arcebispo Fonseca e dos seus aliados, Sueiro autoproclamouse "marechal".

En 1475, fai homenaxe en manos de vos, Esteban de Junqueras a Fonseca.

Guerra civil castelá Durante a Guerra de Sucesión castelá na que se disputaba a lexitimidade entre Isabel e Xoana, alcumada polos seus inimigos "a Beltranexa", Sueiro non chegou a posicionarse politicamente, poñéndose no bando neutral, aínda que sen opoñerse á integración do Reino de Galiza na coroa portuguesa, como dote da infanta Xoana.

Descendencia Do matrimonio con Leonor Vázquez de Insua tivo unha filla: Inés de Mendoza e Soutomaior que casou con García de Caamaño.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Proxecto Galicia. Historia. Tomo III. A Galicia do Antigo Réxime. Economía e Sociedade. A Coruña: Hércules. ISBN 978-84-87244-11-7.

, M. C.; , E. (2007). De Xelmírez aos Irmandiños. A Galicia feudal (séculos XII-XV). A gran historia de Galicia, T. V, V. 2. pp. 21, 37 e 50. La Voz de Galicia. ISBN 978-84-96931-10-7.

Outros artigos Paio Gómez de Soutomaior Castelo da Rocha Forte

Ligazóns externas

Categoría:Nados en Rianxo Categoría:Nados en 1417 Categoría:Finados en 1490 Categoría:Revoltas irmandiñas Categoría:Nobres de Galicia do século XV