miniatura|300px|O Hércules CF, no seu primeiro partido en Primeira logo de 13 anos en Segunda e Segunda B. A tempada 2010/11 da Primeira División Española de fútbol foi a 80ª edición desta competición. Comezou o 28 de agosto de 2010 e finalizou o 22 de maio de 2011. O FC Barcelona proclamouse campión por terceira tempada consecutiva e logrou a 21ª liga da súa historia, con dúas xornadas aínda por disputarse. O único representante galego foi o Deportivo da Coruña, que acabou perdendo a categoría, e houbo un único árbitro galego, o ascendido ese mesmo ano Ignacio Iglesias Villanueva.

Os azulgrana sentenciaron o seu terceiro título consecutivo na xornada 36ª, conseguindo 96 puntos, a segunda mellor marca da súa historia. Barcelona, Real Madrid e Valencia clasifícanse de xeito directo para a Liga de Campións, e o Villarreal, que xogará a rolda previa. O Sevilla e o Athletic Club clasifícanse para a UEFA Europa League, que tamén xogou o Atlético de Madrid aínda que xogando unha rolda previa. Por outro lado, Deportivo da Coruña, Hércules e Almería perderon a categoría.

Equipos e estadios Tomaron parte na competición vinte equipos. Real Valladolid, CD Tenerife e Xerez CD, descendidos a tempada anterior, foron substituídos por Real Sociedad, Hércules CF e Levante UD.

EquipoCidadeEstadioCapacidadeAdestradorMarcaPatrocinioUD Almería Almería Juegos Mediterráneos 22.000 Roberto Olabe Rasán Urcisol.comAthletic Club Bilbao San Mamés 40.000 Joaquín Caparrós Umbro PetronorAtlético de Madrid Madrid Vicente Calderón 54.851 Quique Sánchez Flores Nike KiaFC Barcelona Barcelona Camp Nou 98.787 Josep Guardiola Nike UnicefDeportivo da Coruña A Coruña Riazor 34.600 Miguel Ángel Lotina Lotto Estrella Galicia RCD Espanyol Cornellà de Llobregat Cornellà-El Prat 42.000 Mauricio Pochettino Li Ning InterwettenGetafe CF Xetafe Alfonso Pérez 18.000 Míchel Joma Burger KingHércules CF Alacant José Rico Pérez 29.500 Miroslav Đukić Nike CívicaLevante UD Valencia Ciutat de València 25.354 Luis García Plaza Luanvi Comunitat ValencianaMálaga CF Málaga La Rosaleda 28.963 Manuel Pellegrini Li Ning RCD Mallorca Palma Iberostar Estadi 23.142 Michael Laudrup Macron Bet-At-Home CA Osasuna Pamplona Reyno de Navarra 19.800 José Luis Mendilibar Astore Racing de Santander Santander El Sardinero 22.124 Marcelino García Slam PalaciosReal Madrid Madrid Santiago Bernabéu 80.354 José Mourinho Adidas Bwin Real Sociedad Donostia Anoeta 32.076 Martín Lasarte Astore GuipúscoaSevilla FC Sevilla Ramón Sánchez Pizjuán 45.500 Gregorio Manzano Joma 12bet.comSporting de Gijón Xixón El Molinón 29.500 Manuel Preciado Astore Gijón / AsturiasValencia CF Valencia Mestalla 55.000 Unai Emery Kappa UnibetVillarreal CF Vila-real El Madrigal 25.000 Juan Carlos Garrido Puma Aeroport de CastellóReal Zaragoza Zaragoza La Romareda 34.601 Javier Aguirre Adidas Telefónica

Cambios de adestrador EquipoXornadasSevilla FC Antonio Álvarez (1-5) Gregorio Manzano (6-38)Málaga CF Jesualdo Ferreira (1-9) Rafa Gil (9) Manuel Pellegrini (10-38)Real Zaragoza José Aurelio Gay (1-11) Javier Aguirre (12-38)Racing de Santander Miguel Ángel Portugal (1-22) Marcelino García (23-38)CA Osasuna José Antonio Camacho (1-23) José Luis Mendilibar (24-38)Hércules CF Esteban Vigo (1-29) Miroslav Đukić (30-38)UD Almería Juan Manuel Lillo (1-12) José Luis Oltra (13-30) Roberto Olabe (31-38)

Equipos por comunidades autónomas

Comunidade autónoma Nº Equipos4Hércules, Levante, Valencia e Villarreal3Almería, Málaga e Sevilla3 Real Madrid, Getafe e Atlético2FC Barcelona e Espanyol2Athletic e Real Sociedad1Zaragoza1Sporting1Racing1Deportivo1Mallorca 1Osasuna

Sistema de competición

A Primeira División de España 2010/11 foi organizada pola Liga Nacional de Fútbol Profesional (LFP).

Como en tempadas precedentes, consta dun grupo único integrado por vinte clubs de toda a xeografía española. Seguindo un sistema de liga, os vinte equipos enfróntanse todos contra todos en dúas ocasións -unha en campo propio e outra en campo contrario- sumando un total de 38 xornadas. A orde dos encontros decídese por sorteo antes de empezar a competición.

A clasificación establecerse con arranxo aos puntos obtidos en cada enfrontamento, a razón de tres por partido gañado, un por empatado e ningún en caso de derrota. Se ao finalizar o campionato dous equipos igualasen a puntos, os mecanismos para desempatar a clasificación serían os seguintes: A maior diferenza entre goles a favor e en contra nos enfrontamentos entre ambos. Se persiste o empate, teríase en conta a diferenza de goles a favor e en contra en todos os encontros do campionato. Se aínda persiste o empate, teríase en conta o maior número de goles a favor en todos os encontros do campionato.

Se o empate a puntos é entre tres ou máis clubs, os sucesivos mecanismos de desempate previstos polo regulamento son os seguintes: A mellor puntuación da que a cada un corresponda a tenor dos resultados dos partidos xogados entre si polos clubs implicados. A maior diferenza de goles a favor e en contra, considerando unicamente os partidos xogados entre si polos clubs implicados. A maior diferenza de goles a favor e en contra tendo en conta todos os encontros do campionato. O maior número de goles a favor tendo en conta todos os encontros do campionato. O club mellor clasificado con arranxo aos baremos de fair play.

Efectos da clasificación

O equipo que máis puntos some ao final do campionato será proclamado campión de liga e obterá o dereito automático a participar na fase de grupos da seguinte edición da Liga de Campións da UEFA, xunto co subcampión e o terceiro clasificado; o cuarto disputará a rolda previa para acceder á fase de grupos.

O quinto e o sexto clasificado obterán o dereito a participar na próxima UEFA Europa League.

Os tres últimos equipos descenderán directamente á Segunda División. Para substituílos ascenderán de Segunda os dous primeiros clasificados, xunto co gañador dunha promoción que disputarán os clasificados entre o terceiro e sexto posto.

Clasificación PosEquipoXGEPGFGCDGPts1.Barcelona3830629521+74962.Real Madrid38295410233+69923.Valencia3821896444+20714.Villarreal38188125444+10625.Sevilla38177146261+1586.Athletic Club38184165955+4587.Atlético de Madrid138177146253+9588.Espanyol38154194655-9499.Osasuna38138174546-14710.Sporting de Gijón381114133542-74711.Málaga38137185468-144612.Racing de Santander381210164156-154613.Zaragoza38129174053-134514.Levante38129174152-114515.Real Sociedad38143214966-174516.Getafe38128184960-114417.Mallorca38128184156-154418.Deportivo da Coruña381013153147-164319.Hércules3898213660-243520.Almería38612203670-3430

O Atlético de Madrid, sétimo clasificado, clasificouse para a UEFA Europa League xa que os dous finalistas da Copa do Rei 2010-11, FC Barcelona e Real Madrid, ocuparon unha praza para a Liga de Campións.

Pts = Puntos; PX = Partidos xogados; G = Partidos gañados; E = Partidos empatados; P = Partidos perdidos; GF = Goles Anotados; GC = Goles Recibidos; Dif = Diferenza de gol

Liga de Campións (Fase de grupos) Liga de Campións (Rolda previa) Europa League (cuarta rolda) Europa League (terceira rolda) 10px Descende a Segunda División

Posicións por xornada