O Festival de Cinema de Sundance (en e anteriormente coñecido como Utah/US Film Festival e US Film and Video Festival) é un acontecemento cinematográfico internacional que se celebra anualmente nas dúas últimas semanas de xaneiro na localidade de Park City, próxima á Salt Lake City, a capital do estado de Utah, nos Estados Unidos.
Descrición Sundance é o meirande festival de cinema independente dos Estados Unidos, con máis de 46 660 asistentes no ano 2016. Celébrase en xaneiro en Park City, Salt Lake City e no Sundance Resort (en Provo, Utah) e actúa como escaparate de novos traballos de cineastas independentes estadounidenses e internacionais.
Historia 1978: Utah/US Film Festival Sundance comezou en Salt Lake City en agosto de 1978 co nome "Utah/US Film Festival", nun intento por atraer máis cineastas cara a Utah. Foi fundado por Sterling Van Wagenen (daquela xefe de Wildwood, compañía de Robert Redford), John Earle (que estaba na Utah Film Commission). A edición de 1978 proxectou filmes como Deliverance, A Streetcar Named Desire, Cowboy de medianoite, Quérote, Nova Iorque e Sweet Smell of Success. Nun principio, Sundance foi un instituto de cinematografía, mais pronto viuse a oportunidade de mostrar ao público os traballos que realizaban os creadores, polo que en 1983, Redford creou o Festival de Cinema de Sundance, que é agora un dos festivais de cinema independente máis importante do mundo.
O nome do festival ("Sundance") está inspirado no personaxe que o propio Robert Redford interpretou en 1969 en Butch Cassidy and The Sundance Kid (o bandoleiro Butch foi interpretado por Paul Newman).
Cada ano selecciónanse 200 películas para ser exhibidas entre máis de 9.000 que se presentan. Máis de 50.000 persoas asisten ás instalacións de Park City, Salt Lake City, Ogden, e Sundance. Ademais de descubrírense novos talentos mediante a proxección de documentais, dramas e curtas, os asistentes poden escoitar interpretacións de música en directo, paneis de discusión cos creadores e figuras relacionadas co cinema, instalacións de avances etc.
Deste festival saíron grandes cineastas, como Quentin Tarantino ou os irmáns Coen.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Anderson, John. Sundancing: Hanging Out And Listening In At America's Most Important Film Festival. Harper Paperbacks, 2000. Biskind, Peter. Down and Dirty Pictures: Miramax, Sundance, and the Rise of Independent Film. Simon & Schuster, 2004. Craig, Benjamin. Sundance - A Festival Virgin's Guide: Surviving and Thriving at America's Most Important Film Festival. Cinemagine Media Publishing, 3rd ed., 2016, . Smith, Lory. Party in a Box: The Story of the Sundance Film Festival . Gibbs Smith Publishers, 1999.
von Roon, Alexander. "Grass and dark Tunnels: Sundance is a Marketing-Tool for the US Film Industry", Berliner Zeitung 2000. Sundance Film Festival 1985–1996 Sundance - A Festival Virgin's Guide - full history and how to attend the festival.
Ligazóns externas Páxina Oficial do Festival
Categoría:Festival de Cinema de Sundance