Ricardo Jorge Silva Barreiros, nado en Sintra o 17 de xaneiro de 1982, é un xogador de hóckey a patíns portugués. Xoga como medio e avanzado no CD Paço d'Arcos. É considerado como un dos mellores xogadores portugueses da súa modalidade.

Traxectoria Formouse como xogador no Paço de Arcos, co que debutou na Primeira División Portuguesa na tempada 2001-02. Xogou neste equipo ata 2004, cando fichou polo SL Benfica, onde militou cinco tempadas.

En 2009 asinou polo club galego H.C. Liceo, co que se proclamou campión da Copa CERS esa mesma tempada. Na tempada seguinte o Liceo conquistou a Copa de Europa, tras derrotar ao Reus na final (7-4), con tres goles de Barreiros. Volveu marcar na final do ano seguinte, na que o Liceo revalidou o título ao vencer ao FC Barcelona (2-4).

Despois de tres anos na Coruña, volveu a Portugal, onde xogou tres tempadas no FC Porto e cinco na UD Oliveirense, antes de regresar na tempada 2020/21 ao Paço d'Arcos.

Ricardo Barreiros é internacional pola selección de Portugal, selección coa que debutou no 2003. Xogou nas fases finais do Campionato de Europa, no 2004, 2006, 2008, 2010, 2012, 2014 e 2016, e nas fases finais do Campionato do Mundo "A", no 2005, 2007, 2009, 2011, 2013 e 2017. O seu mellor resultado foi o 1º lugar no Campionato de Europa de 2016, no que marcou 9 goles. Ademais foi subcampión de Europa nas edicións de 2008, 2010 e 2012, sendo na primeira delas o máximo goleador, con 10 goles. Foi tamén subcampión do mundo en 2017, no Mundial celebrado en Nanjing.

Equipos CD Paço d'Arcos: 1997-2004 SL Benfica: 2004-2009 H.C. Liceo: 2009-2012 FC Porto: 2012-2015 UD Oliveirense: 2015-2020 CD Paço d'Arcos: 2020-

Palmarés

HC Liceo

2 Copas de Europa: 2010-11, 2011-12. 1 Copa CERS: 2009-10. 3 subcampión da OK Liga: 2009-10, 2010-11, 2011-2012.

SL Benfica 1 subcampión da Copa de Portugal: 2008-09 2 subcampión da Liga portuguesa: 2006-07 e 2007-08

FC Porto

1 Liga de Portugal: 2012-13. 1 Copa de Portugal: 2012-13. 1 Supercopa de Portugal: 2013. 1 subcampión da Liga de Portugal: 2014-15. 1 subcampión da Copa de Portugal: 2013-14.

UD Oliveirense

1 Copa de Portugal: 2018-19. 1 subcampión da Liga de Portugal: 2018-19.

Selección de Portugal 1 Campionato de Europa: 2016. 3 Torneo das Nacións de Montreux: 2009, 2011 e 2013 1 Finalista do Campionato do Mundo "A": 2017. 2 Finalista do Torneo das Nacións de Montreux: 2005 e 2007 3 Finalista do Campionato de Europa: 2008, 2010 e 2012 3º posto no Campionato de Europa: 2004, 2006 e 2014 3º posto no Campionato do Mundo "A": 2005, 2009, 2011 e 2013 Máximo goleador do Campionato de Europa disputado en Oviedo: 2008

Véxase tamén

Ligazóns externas Ficha de Ricardo Barreiros en Mundo do Hóquei

Categoría:Xogadores de hóckey a patíns de Portugal Categoría:Xogadores do H.C. Liceo Categoría:Nados en 1982 Categoría:Nados en Sintra