O Racing Club de Lens é un club de fútbol francés da cidade de Lens. Foi fundado en 1906 e actualmente compite na Ligue 1 logo de ascender na tempada 2019−20.

Historia En 1905 un grupo de mozos funda o Racing Club Lensois. En 1906 o equipo é fundado oficialmente cambiándose o nome polo de Racing Club de Lens.

O club desaparece por mor da primeira guerra mundial, pero en 1919 créase un club, a Union Sportive du Foyer Franco-Américain que servirá para a reaparición do equipo.

En 1924 o equipo elixiu as cores definitivas do uniforme. Elixiron as cores vermello e amarelo a consecuencia dunha bandeira española atopada na igrexa de Saint Leger.

En 1998 o equipo gaña a súa primeira e única Liga.

En 2008 o equipo descende á Ligue 2 logo de quedar no posto 18 da tempada 2007-08. Recuperou a categoría tras quedar campión en Líguea 2 da tempada 2008/09. Na tempada 2010-11 rematou 19º na Ligue 1 e descendeu de novo á Ligue 2.

Uniforme Uniforme titular: Camiseta a franxas verticais amarelas e vermellas, pantalón negro e medias vermellas. Uniforme alternativo: Camiseta negra, pantalón negro e medias negras. Terceiro uniforme: Camiseta branca, pantalón branco e medias brancas.

Datos do club Tempadas en Ligue 1: 52 Tempadas en Ligue 2: 12 Mellor posto na liga: 1º (tempada 97-98) Peor posto na liga: 20º (tempada 88-89)

Xogadores Cadro actual Actualizado o 21 de agosto de 2020.

Palmarés

Torneos nacionaIs Ligue 1 (1): 1998 Copa da Liga (2): 1994, 1999 Subcampión da Ligue 1 (4): 1956, 1957, 1977, 2002 Subcampión da Copa de Francia (3): 1948, 1975, 1998 Subcampión da Copa da Liga (1): 2008

Torneos internacionais Copa Intertoto da UEFA (1): 2005

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial Web non oficial Web non oficial

Lens Categoría:Equipos de fútbol fundados en 1906