O Mundial de Clubs FIFA, máis coñecido simplemente como Mundial de Clubs, é unha competición internacional de clubs de fútbol organizada cada catro anos pola FIFA. A primeira edición do torneo disputouse no ano 2000 co nome de Campionato Mundial de Clubs da FIFA, participando nel os clubs campións das seis confederacións afiliadas á FIFA (AFC, CAF, Concacaf, Conmebol, UEFA e OFC). Non se celebrou entre 2001 e 2004 debido a unha combinación de factores, entre eles a caída de International Sport and Leisure (ISL), o principal socio comercial da FIFA. Foi recuperada en 2005 como unha competición anual, formato no que se disputou ata 2023. A continuación o torneo foi reestruturado de novo e dende 2025 celébrase cada catro anos coa participación de 32 clubs. A importancia e prestixio do Mundial de Clubs é materia de debate dende os seus inicios.

O antecedente directo do torneo foi a Copa Intercontinental.url=http://resources.fifa.com/mm/document/fifafacts/mencompcwc/02/67/91/87/statskit_fcwc2017_event_neutral.pdf |título=Statistical Kit 2017 |editor=Documento Fédération Internationale de Football Association|Páxinas=15, 40, 41, 42. disputada entre os campións da Copa Libertadores de América (en representación de América do Sur) e a Liga de Campións da UEFA (representando a Europa).

O palmarés do torneo está dominado de xeito case absoluto polos clubs europeos, que acumulan 16 vitorias, por 4 de clubs da CONMEBOL, mentres que o resto de confederacións non suman ningún título.

miniatura|Estadio do Maracaná, sede da primeira final do torneo (2000).

Palmarés

EquiposFederaciónVitoriasReal Madrid3FC Barcelona3Sport Club Corinthians Paulista2São Paulo FC1Sport Club Internacional1AC Milan1Manchester United1Football Club Internazionale Milano1Bayern München1

Véxase tamén Outros artigos Liga de Campións da UEFA Copa Libertadores Liga de Campións da CAF Liga de Campións da AFC Liga de Campións da CONCACAF Liga de Campións da OFC Copa Intercontinental de Fútbol Equipos de fútbol campións do mundo

Ligazóns externas O Mundial de Clubs no sitio web da FIFA Notes

Categoría:Copa Mundial de Clubs da FIFA Categoría:Competicións de clubs da FIFA Categoría:Campionatos do mundo de fútbol