miniatura|250px|S. Estevo de Ribas de Sil, onde Juan Sobreira tiña "tienda abierta para cuantos me concurren con yerbas y plantas traídas de los abismos".

miniatura|200px|Papeletas de un diccionario gallego.

O padre Sobreira, nado como Xoán Sobreira Salgado en Beade en 1746 e finado en Madrid en 1805, foi un relixioso e polígrafo galego da Ilustración. Traxectoria Ingresou na Orde de San Bieito, tomando o hábito no mosteiro de Santa María de Sopetrán (provincia de Guadalaxara) en 1761.

Compuxo diversos textos sobre a xeografía de Galiza, e traballou durante máis de oito anos na idea dun dicionario galego, que había levar o título de Glossario General de la Lengua Gallega. Consideraba vergoñento que o galego carecese del cando todas as outras linguas da Península Ibérica o tiñan. Este dicionario, ao seu ver, sería útil para conservar por escrito o idioma galego. Consideraba necesario que o galego acadase un status similar ao doutras linguas da península, seguindo as ideas do Padre Sarmiento:

Sobreira foi tamén un dos primeiros en detectar a existencia da modalidade lingüística que coñecemos hoxe polo nome de "castrapo", especialmente presente nesa época na fala dos habitantes das cidades e vilas máis populosas:

Obras (1794) Ensayo para la Historia General Botánica de Galicia, que deberá comprenderse en el Diccionario ó Glosario general de la lengua gallega, Biblioteca da RAH, manuscrito. (s/d) Nombres (gallegos) de yerbas y plantas, cuya correspondencia no había podido averiguar (José) Cornide, Biblioteca da RAH, manuscrito. (1774) Memoria sobre la pesca de la sardina en las costas de Galicia, Madrid: Imp. Ibarra. (1979) Papeletas de un diccionario gallego, Edición y estudio crítico por J.L. Pensado, Instituto de Estudios Orensanos «Padre Feijóo». (s/d) Papeletas de nombres de peces. Notas

Véxase tamén Bibliografía

, J. M. e , R. (2009). Los viajes de José Cornide por España y Portugal de 1754 a 1801. RAH. ISBN 978-84-96849-55-6.

, J. L. (1974). Opúsculos lingüísticos gallegos del siglo XVIII Vigo. Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-218-8.

Outros artigos Historia da lingua galega

Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Lexicógrafos Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Séculos Escuros Categoría:Nados en Beade Categoría:Nados en 1745 Categoría:Finados en 1805 Categoría:Beneditinos de España