Luís Benigno Vázquez Fernández-Pimentel, máis coñecido como Luís Pimentel, nado en Lugo o 18 de decembro do 1895 e finado na mesma cidade o 13 de febreiro de 1958, foi un médico e destacado poeta galego de vangarda, escritor en lingua castelá e, puntualmente, en lingua galega, cunha bibliografía escasa e dispersa. Pertencente á xeración de 1925 e relacionado coa xeración do 27, nel apréciase unha síntese de movementos vangardistas de dentro e de fóra de Galiza. A súa obra fundamental apareceu en Sombra do aire na herba (1959).
A Real Academia Galega designouno como figura a ser homenaxeada no Día das Letras Galegas do ano 1990.Figuras homenaxeadas. Luís Pimentel RAG.
Traxectoria Foi fillo do matrimonio formado por Luís Vázquez Barreiro (1846-1908), mestre de obras, viúvo, que viñera á cidade de Lugo dende a parroquia de Calde, casado en segundas nupcias con Consuelo Fernández-Pimentel (nada en Mondoñedo). O pai morreu tendo o pequeno Luís trece anos. A nai volveu casar aos dous anos de enviuvar, co médico Xermán Alonso Hortas.Nota necrolóxica no xornal ABC do venres 14/2/1958. Nótese que menciona a Germán como pai de Luís. Realmente era o padrasto. Luís viviu case toda a súa vida na praza maior de Lugo. Rematou o bacharelato en 1914. Seguindo o exemplo do padrasto, Luís e os seus irmáns Carlos e Xosé, estudaron Medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Os catro acabarían traballando xuntos no sanatorio Alonso-Pimentel da luguesa rúa Bispo Aguirre.
Luís licenciouse en 1922. Antes de dedicarse á poesía, fixo incursións na pintura e na música. Posteriormente realizou o doutoramento en Madrid, aloxándose na Residencia de Estudiantes, nunha época na que nesa cidade existía un grande ambiente cultural (residían daquela alí Federico García Lorca, Salvador Dalí, Luis Buñuel, Ramón María del Valle-Inclán e Pío Baroja), para volver xa definitivamente ao seu Lugo natal e exercer como médico. No 1927 entra a formar parte da directiva do Círculo das Artes de Lugo e máis tarde consegue unha praza como médico de garda no Hospital Municipal. Trabou amizade persoal con Ánxel Fole, quen o animaba constantemente a publicar os seus versos, e estableceu correspondencia con outros poetas como Dámaso Alonso, Vicente Aleixandre ou Jorge Guillén. miniatura|esquerda|260px|Algúns colaboradores de Ronsel. No 1924 publicou os seus primeiros poemas na revista Ronsel, dirixida por Evaristo Correa Calderón e Álvaro Cebreiro. Son poemas intimistas e sinxelos, pero moitas veces irónicos e mesmo burlescos. Colaborou tamén no xornal vigués El Pueblo Gallego, na revista Nós, na madrileña La Gaceta Literaria, na lisboeta Descobrimento, nas luguesas Yunque e Vanguardia Gallega, na santiaguesa Resol, na viguesa Alba (que lle dedicou monograficamente o n.º 10, de 1960) e noutras publicacións literarias e poéticas. A ferrolá Aturuxo foi a primeira en dedicarlle un monográfico (n.º 11, 1960). miniatura|260px|Luís Pimentel, Pilar Cayón e Rula. O 12 de outubro de 1930 casou en Mondoñedo con María del Pilar Cayón Fernández,Céltiga Ano VII. n.º 141. p. 33-34. 10/11/1930 Buenos Aires. que coñecera en 1918 en Santiago e coa que terá unha filla, Rula. Despois da guerra civil asistiu aos faladoiros de Ánxel Fole e Celestino Fernández de la Vega.
Publicou en vida un opúsculo de oito poesías e vinte e dúas páxinas, Triscos (Pontevedra: Colección Benito Soto, 1950). Logo de moitos intentos de edición por parte do autor, Reeditado en 2011 por Alvarellos. postumamente, ao ano do seu pasamento, saíu do prelo Sombra do aire na herba, con corenta e dous poemas (Vigo: Galaxia, 1959). En castelán escribiu Barco sin luces (Lugo: Celta, 1960), obra tamén póstuma, con limiar de Dámaso Alonso, que recolle 33 poemas, de 1927, dividido en tres partes: "Diario de un médico de guardia" (sete poemas), "Oraciones" (seis) e "Interior" (vinte). En todos eles as súas propias vivencias son a temática fundamental, ateigadas dunha constante tenrura para todo o fráxil e delicado.
Influencias e estilo miniatura|260px|Cadro de persoal de Ronsel As súas devocións líricas eran Teixeira de Pascoaes, Rainer Maria Rilke, Francis Jammes, Antonio Machado, Miguel de Unamuno, Rosalía de Castro e Jorge Guillén e sentía admiración polo estilo de Valle-Inclán e Joan Miró. Apaixonábao a música de Claude Debussy.
Na súa poesía obsérvanse influencias do modernismo, de ismos vangardistas, do simbolismo francés e do existencialismo de posguerra. Canto á forma, destaca o verso libre, imaxes vangardistas, os paralelismos e as anáforas.
Obra miniatura|Obra de Otero Besteiro dedicada a Pimentel. Praza Maior, Lugo. En galego Triscos (1950). Colección Benito Soto. Con introdución de Ánxel Fole e ilustracións de Rafael Alonso. Sombra do aire na herba (1959). Galaxia. Con prólogo de Celestino Fernández de la Vega. Publicación póstuma.Despois incluída na Biblioteca Básica da Cultura Galega (n.º 38) e na Biblioteca Galega 120 (n.º 37). En castelán Barco sin luces (1960). Presentación de Dámaso Alonso. Ed. de Ánxel Xohán. Publicación póstuma.En 2004 foi incluído na Biblioteca Gallega de Autores en Castellano de La Voz de Galicia Cunetas (2026). Santiago: Alvarellos. Con estudos de Claudio Rodríguez Fer e Xurxo Martínez González. ISBN 9788418567971.
Compilacións Poesía enteira (1981). Edicións Xerais de Galicia. Luis Pimentel. Obra inédita o no recopilada (1981). Celta. Araceli Herrero (ed.).Obra inédita o no recopilada. Imaxe da portada Poesía galega (1989). Edicións Xerais de Galicia. Editada por Ramiro Fonte.Poesía galega. Imaxe da portada Luís Pimentel, biografía da súa poesía. (1990). Pontevedra. Xesús Alonso Montero. Edicións do Cumio. Homenaxe a Luís Pimentel: Día das Letras Galegas 1990. (1990). Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións da USC. Luís Pimentel (1895-1958): Día das Letras Galegas 1990. (1990). Santiago de Compostela. Xunta de Galicia, Consellería da Presidencia. Luís Pimentel: 1895-1958, unha fotobiografía. (1990). Santiago de Compostela. R. Piñeiro. Vigo. Editorial Xerais de Galicia.Obra na ficha do autor na RAG Poesías completas, de Luís Pimentel (1990). Comares. Granada. Luís Rei Núñez (ed.). Luís Pimentel. Obra completa (2009). Editorial Galaxia. Editada por Araceli Herrero.Luís Pimentel. Obra completa, na páxina web de Galaxia
Así mesmo, aparecen poemas de Pimentel en obras colectivas e antoloxías como 7 ensayos sobre Rosalía (1952) ou Antologia poética. Cancioneiro rosaliano (1985).
A obra de Pimentel foi traducida ao italiano, por Manuele Masini; ao catalán, polo mallorquino Josep Maria Llompart e ao ruso, por Elena Zernova.
Recoñecementos En 1958 tralo seu pasamento o Grupo Brais Pinto fai no Centro Galego de Madrid un acto de lembranza en honor do poeta e, dous anos máis tarde, organiza, na mesma institución, unha homenaxe."Ficha do autor" Biblioteca Virtual Galega, UdC.
Poemas de Pimentel foron musicados nos discos Bule, berra, chora (1978) de Xosé Manuel Conde e Rapazas, rapaces e rapazadas (1997) de Suso Vaamonde.
A Real Academia Galega designouno como figura a ser homenaxeada no Día das Letras Galegas do ano 1990.
O CEIP Luís Pimentel de Lugo e rúas de varias vilas levan o seu nome (Burela, Cambre, Monforte de Lemos, Monterroso, Oleiros, Narón, Ourense, Ribeira…).
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos
Surrealismo humanista Xeración de 1925 Literatura galega do século XX Carlos Vázquez Fernández-Pimentel (irmán)
Ligazóns externas
20px
"Pimentel, Luis Vázquez Fernández (1895-1958)" Enciclopedia Universal Micronet .
Categoría:Artigos destacados sobre Galicia