O Dallas Cowboys é un equipo profesional de fútbol americano pertencente á División Leste da Conferencia Nacional da NFL. Ten a súa sede no suburbio de Arlington a carón da cidade de Dallas, en Texas, e disputa os seus encontros como local no novo Cowboys Stadium de Arlington.

Fundado en 1960, o Dallas Cowboys ten no seu historial 30 participacións nos playoffs, 21 títulos de división, 10 campionatos de conferencia, e gañou 5 das 8 Super Bowls que disputou, nas tempadas 1971-72, 1977-78, 1992-93, 1993-94 e 1995-96.

Xogadores Cadro actual

Véxase tamén Ligazóns externas Site oficial dos Dallas Cowboys