Os New York Jets son un equipo profesional estadounidense de fútbol americano que xoga na National Football League (NFL) e ten a súa base na cidade de East Rutherford, no estado de Nova Jersey. As oficinas e as instalacións deportivas da franquía están situadas en Hofstra University, en Hempstead (Nova York) na illa de Long Island. O equipo está a construír unhas novas instalacións e oficinas en Florham Park (Nova Jersey).
Historia A franquía foi fundada en 1960 baixo o nome de New York Titans, afiliándose á American Football League, na que competiu ata a súa fusión coa NFL. En 1963 foi comprada por Sonny Werblin, trocando o nome do equipo polo de Jets.
Foi o primeiro equipe da AFL que derrotou a un equipo da NFL, os Baltimore Colts, actualmente Indianapolis Colts, na Super Bowl III por 16-7. O partido foi recordado porqu a pesar de que os Colts eran considerados os favoritos para gañar, o quarterback de Nova York Joe Namath, garantiu días antes do encontro que o seu equipo gañaría. Namath foi elixido o NFL MVP daquel partido. O equipo non volveu disputar unha Super Bowl dende aquela.
Xogadores Cadro actual
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial dos New York Jets