Televés é unha empresa galega con sede en Conxo, Santiago de Compostela dedicada á investigación, deseño, fabricación e comercialización de equipos para a recepción e distribución do sinal de radio, televisión, telefonía, Internet e telecomunicacións. A empresa fundouse no ano 1958, cando a televisión en España acababa de comezar as súas emisións. Inicialmente, a empresa operou desde un pequeno obradoiro cun cadro de persoal de 10 traballadores.Televés. Historia. A facturación do seu primeiro ano foi de 400.000 pesetas.
En 2015, a Corporación Televés agrupa máis de 20 filiais cuns 700 traballadores, cunha cifra de vendas de 150 millóns de euros en 90 países, que procede nun 60% das vendas no estranxeiro. Dende o ano 1995 forma parte do DVB, un consorcio internacional de empresas que crea e mantén un conxunto de estándares relacionados coa televisión dixital. Televés é unha das tres empresas máis grandes do sector en Europa.
Historia As orixes de Televés están nunha viaxe a Lisboa de Ricardo Bescansa Martínez (1912-1986), licenciado en farmacia. Alí descubriu a televisión e soubo ver as súas posibilidades de negocio. En 1955 xunto con Amador Beiras axente comercial e Domingo Carrascal enxeñeiro industrial iniciou probas con antenas na rúa Montero Ríos e tres anos despois fundan Televés en Santiago de CompostelaUn repaso a la historia constata el afán emprendedor de los gallegos . El Correo Gallego ..
Imaxe de marca miniatura|Logo orixinal Tres BBB. Laranxa Televés
RGB 255 163 0HEX/HTML #FFA300CMYK 0 41 100 0Pantone 137
Nos anos 1950 o nome da empresa eran as iniciais dos apelidos dos tres fundadores da empresa, os tres empezaban por b. O nome da empresa era entón TresB. A nova dirección da empresa trocou ese nome por outro máis identificado co sector. Pasouse de Tresbés, un logo en forma de rombo con tres bes maiúsculas a TelevésTelevés no siempre se llamó Televés?. Televés utiliza dende 1972 como imaxe de marca a cor laranxa, Pantone 137. Anteriormente a cor empregada pola empresa era a negra. Nos anos 1990 Televés empregou como logotipo as inicias "TV" nun círculo, en cor negra. Nos últimos anos, coa internacionalización da empresa, deixou de empregar o nome con acento gráfico, pasando a utilizar o nome Televes e a cor laranxa como elementos identificativos de marca. En novembro de 2013 Televés publicou o seu manual de imaxe corporativa fixando as normas para o uso da súa marca por terceiros.
Dende a súa fundación, Televés dirixiuse aos instaladores como os seus principais clientes mantendo unha activa política de formación e difusión dos seus produtos. De 2006 a 2010 impartíronse cursos de formación e asistencias técnicas a instaladores e clientes.Programas de capacitación para los profesionales de nuestro sector .
No ano 2009 Televés puxo en marcha o HDTV Tour, unha iniciativa para achegar a televisión dixital. Dende entón contan con camións que percorren Europa organizando demostracións da tecnoloxía da empresa para os técnicos instaladores e distribuidores.HDTV Tour .
Produtos miniatura|HDTV Tour, camión nas instalacións de Televés en Conxo. A gama de produtos de Televés inclúe tanto os produtos para facer instalacións de telecomunicacións, como o software para o deseño da instalación e a elaboración dos cálculos necesarios, así como os equipos de medida para os axustes e certificacións. Entre os produtos que a empresa fabrica destacan os seguintes: Antenas: antenas de televisión DVB, antenas parabólicas satélite, torres e accesorios. Amplificadores: derivadores, sintonizadores, tomas de televisión. Cables: cable coaxial, cable de pares, UTP e fibra óptica. Domótica: porteiros automáticos, seguridade, automatización de vivendas. Medidores de campo. Equipamento para fibra óptica: fusionadoras de fibra óptica, receptores ópticos. Telefonía fixa: regretas de pares, ferramentas de instalación. Iluminación led luminarias de interior e exterior.Iluminación profesional Televés
Patentes miniatura|Antena parabólica multisatélite no MUNCYT. Televés solicitou no período de anos que vai do 2000 ata o 2012 un total de 40 solicitudes de patentes e 19 modelos de utilidade. O 80% dos produtos que comercializaba Televés nese período foron desenvolvidos con tecnoloxía propia."Televés confirma su liderazgo en innovación, con 59 solicitudes de patentes y modelos de utilidad desde el año 2000" .
Fitos da empresa Dende 1958 Televés presentou os seus propios deseños baseados en I+D+i en tecnoloxía de telecomunicaciónsHitos tecnológicos. Televés. 1958, primeira patente da empresaInfoTeleves 146 (Febreiro 2015). 1960, antenas de duraluminio. 1966, fabricación de amplificadores e distribuidores de TV. 1970, primeiros circuítos impresos (PCB). 1976, inicio das publicacións técnicas da empresaInfoTelevés, agosto 2013 .. 1983, primeira empresa do sector en empregar tecnoloxía SMD (Surface Mount Technology)Calidad. Televés. Uso de microprocesadores para son e vídeo. 1985, patentes de TV por satélite empregando as instalacións colectivas de distribución SMATV. 1988, primeira antena parabólica fixa capaz de sintonizar varios satélites. 1991, lanzamento da antena Pro 45. A súa primeira antena electrónica en circuíto impreso. 1995, a empresa asóciase a DVB. 1999, primeiros procesadores de Televisión Dixital Terrestre. 2004, software de deseño de instalacións de comunicacións en edificios e vivendas. 2008, primeiro medidor de campo portable con procesado dixital para HD. 2014, primeira empresa do sector en empregar a montaxe de compoñentes electrónicos DIE (compoñentes electrónicos sen encapsular)InfoTeleves 145 (decembro de 2014). 2016, primeira empresa do sector en empregar tecnoloxía MMIC (Monolithic microwave integrated circuit)Televés TForce (Español).
Litixios No ano 2000 Fagor Electrónica denunciou a Televés pola violación de varias patentes nas súas centrais amplificadoras Avant e Avant5. No ano 2010 pechouse o caso, resultando Televés absolto pola Audiencia Provincial da Coruña nunha sentenza ratificada polo Tribunal Supremo, polo Xulgado Mercantil nº 2 de Bilbao e pola Audiencia Provincial de Biscaia. A Corte Federal de Patentes de Alemaña tamén anulou unha das patentes concedidas a Fagor Electrónica."La Justicia da la razón a Televés y avala que el desarrollo tecnológico de las centrales amplificadoras programables Avant y Avant 5 no violó patente alguna" . Blu:sens foi denunciada por Televés e condenada en 2012 polo Xulgado do Mercantil número 1 da Coruña pola elaboración e distribución dun catálogo en 2009 ao entender que infrinxía os dereitos de propiedade intelectual de Televés. Blu:sens tamén foi condenada ao pago de 123 euros de indemnizaciónCondenan a Blusens por plaxio nun catálogo profesional editado en 2009. Código Cero.
Empresas do Grupo Televés miniatura|350px|esquerda|Empresas do grupo Televés e as súas filiais no ano 2014. miniatura|x220px|Cartel de acceso a Tredess, Gsertel, Arantia, Assamblia e Televés en Conxo. Dende a súa fundación, Televés integrou na súa organización todo o proceso produtivo creando un grupo de empresas colaboradoras que traballan tanto para a Corporación Televés como ofrecendo os seus servizos a outras empresas: Televes, buque insignia de la televisión del futuro. Itelsis, fundada en 1989 (nas súas orixes chamada Intelsis) e adicada a servizos de telecomunicacións e que xa non ten vinculación co grupo. Gainsa creada en 1976 para a xestión das redes, bases de datos, sistemas, aplicacións e softwareInfoTelevés 136, xuño 2013 .. Gamelsa, fundada en 1984 e adicada á fabricación de compoñentes mecánicos. ISF, fundada en 1989 e adicada á automatización de procesos produtivos e robotización de liñas de produción. GCE, fundada en 1998 e adicada ao deseño e fabricación de circuítos impresos. Arantia, desenvolvemento e implantación de plataformas IPTV, televisión dixital interactiva e voz sobre IP. Assamblia, fabricación, reparación e instalación de equipos electrónicos. Gsertel, fundada en 2001 e adicada á fabricación de equipamentos de test e medidas para telecomunicacións. TRedess, fundada en 2003 e adicada á fabricación e instalación de redes inalámbricas. Preisner, marca fundada en Alemaña en 1992 polos irmáns Jürgen e Klaus Preisner que foi mercada en 2007 por Televés e baixo a cal vendía os seus produtos para despois comezar a vender só empregando Televés como marca. Ladetel, laboratorio homologado para a certificación de equipamento electrónico.
Instalacións En Galicia, Televés ten fábrica en Santiago de Compostela e un centro loxístico en Sigüeiro, Oroso, inaugurado no ano 2006 e ampliado posteriormente. En Portugal ten outra fábrica no concello de Maia, Televés Electrónica Portuguesa, Ltda. Ten delegacións comerciais en Madrid, Barcelona e Las Palmas. Parte da produción de Televés faise na China, como sistemas ópticos ou receptores ópticos.
Televés ten delegacións comerciais en Portugal, Francia, Italia, Alemaña, Emiratos Árabes Unidos, China (Shanghai), Estados Unidos, Polonia, Suecia e o Reino Unido. En 2014 abriu delegación comercial en RusiaInfoteleves 143.
Organizacións ás que pertence Televés miniatura|Centro loxístico de Televés en Oroso. Televés é membro numerario do proxecto Digital Video Broadcast (DVB) desde 1995 no desenvolvemento de tecnoloxía para a televisión dixital. A empresa participa noutras asociacións tecnoloxicas: Digitag Digital tv Group DVB Digital Video Broadcasting Dedom, Comité Español para a xestión técnica de edificios e vivendas Asimelec Drm Aetic Foro de Marcas Renombradas de España
Televés ten certificacións: AENOR ISO 9001 Iqnet ISO 9001 Aenor ISO 14001 Proxectos UNE 166001
Beneficio Evolución das vendas do Grupo Televés dende 2002:
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía José Luis Fernández Carnero, Antonio Suárez Perdigón: Televisión y radio analógica y digital: sistemas para la recepción y distribución de las comunicaciones y los servicios en edificios y viviendas. Televés, 2004, 540 pp. ISBN 84-609-2743-1
Outros artigos Promax Electrónica Ikusi
Ligazóns externas Páxina web de Televés "Innovación en Televés", vídeo da TVG no YouTube Páxina web de Gamelsa Páxina web de Gsertel Páxina web de Tredess Páxina web de Arantia Páxina web de Preisner
Categoría:Empresas de Galicia Categoría:Empresas de telecomunicacións Categoría:Medalla de Prata de Galicia Categoría:Artigos destacados sobre Galicia Categoría:Tecnoloxía en Galicia