A Unión do Magreb Árabe (en árabe: اتحاد المغرب العربي, Ittiḥād al-Magrib al-ʿArabī) é un acordo de interacción comercial asinado o 17 de febreiro de 1989 en Marrakech polos xefes de Estado de Marrocos, Alxeria, Tunisia, Mauritania e Libia.
Descrición A súa orixe inmediata e o primeiro cumio magrebí, celebrado en Alxer o 10 de xuño de 1988. As súas institucións máis relevantes son: o Consello Presidencial, composto polos xefes de Estado do cinco países membros baixo a presidencia por quendas de cada un deles durante seis meses; o Consello de Ministros de Asuntos Exteriores; o Comité de Seguimento, composto por un membro de cada goberno; o Consello Consultivo, composto por dez deputados de cada parlamento nacional; un órgano xudicial formado por dous xuíces de cada país, encargado de arbitrar os litixios entre Estados membros e unha Secretaría Xeral do Consello Presidencial.
Os xefes de Estado asinantes do tratado orixinal foron: o rei Hasan II de Marrocos; o presidente tunisiano Zine el-Abidine Ben Ali, o presidente alxerino Chadli Bendjedid, o líder libio Muammar al-Gaddafi e o presidente mauritano Maaouya Ould Sid'Ahmed Taya.
A rivalidade tradicional entre Marrocos e Alxeria, ademais da cuestión sen resolver sobre a soberanía do Sáhara Occidental bloquearon as reunións deste organismo desde o ano 1994. A última conferencia de alto nivel, que debería ter lugar en 2005, foi cancelada pola negativa de Marrocos a participar debido ao apoio verbal de Alxeria á independencia do Sáhara Occidental. O Sáhara Occidental foi unha colonia española até que foi invadida por Marrocos e Mauritania en 1974. Dende entón Alxeria apoiou sempre ao movemento de liberación saharauí, o Fronte Polisario.
En 2023 o proxecto de moeda única considerábase "tecnicamente viable pero politicamente unha quimera".
Membros
Estado Dende Capital Poboación Área Densidade Linguas oficiais 25px|border 25px Alxeria 1989 Alxer 34.895.000 2.381.741 14,6 Árabe 25px|border 25px Libia 1989 Tripoli 6.420.000 1.759.541 3,6 Árabe 25px|border 25px Mauritania 1989 Nouakchott 3.291.000 1.030.700 3,2 Árabe 25px|border 25px Marrocos 1989 Rabat 446.550 31.993.000 71,6 Árabe 25px|border 15px Tunisia 1989 Tripoli 10.432.500 163.610 63,8 Árabe
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio da UMA
Categoría:Organizacións económicas Categoría:Organizacións internacionais