As mil e unha noites (en , Alf layla wa-layla ou en ) é unha compilación de historias e contos populares orixinarios de Oriente Medio e Asia Meridional, compilados en lingua árabe a partir do século IX.
A obra foi recompilada durante moitos séculos por varios autories, tradutores e estudosos de Asia occidental, central e meridional e do norte de África. Algúns contos teñen as súas raíces no folclore e nas literaturas árabe, persa, india, grega, xudía e turca. En particular, moitos dos relatos foron contos orixinais das eras abbásida e mamluk, mentres que outros, especialmente a historia marco, probablemente proceden da obra persa pahlavi Hezār Afsān (, literalmente Mil Contos), que en cambio teñen en parte elementos indios.
O común en todas as edicións da obra é a historia marco inicial do gobernante Shahryār e a súa esposa Sherezade e a narrativa fragmentada incorporada nos mesmos contos. As historias proceden do relato orixinal; algunhas están enmarcadas noutras historias, mentres que outros están pechados. Algunhas edicións conteñen só uns centos de noites, mentres que outras inclúen 1001 ou máis. O groso do texto está en prosa, aínda que se empregan ocasionalmente versos para cancións e adiviñas e para expresar altas emocións. Moitos dos poemas son estrofas únicas en coplas ou cuartetos, aínda que algunhas son máis longas.
Algúns dos relatos asociados coas Mil e unha noites (particularmente "Aladino e a lámpada marabillosa" e "Ali Baba e os corenta ladróns") non eran parte das coleccións nas súas versións árabes orixinais senón que foron engadidas á colección por Antoine Galland despois de que as escoitase ao contacontos cristián maronita Hanna Diyab nunha visita deste a París.John Payne, Alaeddin and the Enchanted Lamp and Other Stories, (Londres 1901) dá detalles do encontro de Galland con Hanna en 1709 e do descubrimento na Bibliothèque Nationale de París de dous manuscritos árabes que conteñen Aladino e outros relatos. Text of "Alaeddin and the enchanted lamp" Outras historias, como a de Simbad o mariño, tiñan unha existencia independente antes de seren engadidas á compilación.
Sinopse dereita|miniatura|O sultán conmuta a pena de Sherezade.
A estrutura do libro está baseada nunha historia que serve de marco a todas as demais, un esquema moi común nas antoloxías de relatos breves ata o século XX.
Scheriar (Shahryār, en , do persa medio: šahr-dār, "titular do reino")) convértese en sultán trala morte do seu pai. O narrador di que é un "rei sasánida" que goberna na "India e na China".The Arabian Nights, traducido por Malcolm C. Lyons and Ursula Lyons (Penguin Classics, 2008), vol. 1, p. 1 Por amor ao seu irmán Schazamán, cédelle o reino de Tartaria. Schazamán organiza unha viaxe ao seu irmán, pero descobre que a súa esposa lle é infiel cun escravo negro, e córtalles a cabeza. Xa con Schariar, este sorpréndese polo triste e taciturno que está Schazamán, polo que vai cazar só. No palacio, Schazamán descobre que a esposa de Schariar, a sultá, engana o rei con Masud, outro escravo negro. Isto serve de consolo ao rei de Tartaria, ao ver que o seu irmán, mesmo sendo máis poderoso, ten o mesmo problema que el. Cóntallo, e nun momento de furia, Schariar convence ao seu irmán para fuxiren, coa idea de regresaren só se atopan alguén máis desgraciado que eles. No camiño atopan un xenio que é enganado por unha muller que secuestrou, que acaba fuxindo. Schazamán dille ao seu irmán que se o poderoso xenio non puido evitar o engano, ninguén pode, polo que deciden regresar.
Schariar volve, apresa á sultá e decapítaa diante do visir, e despois decapita el mesmo a todas as mulleres da corte. Crendo que todas as mulleres son igual de infieis, ordena ao seu visir que lle consiga unha esposa virxe cada día, algunha filla dos seus cortesanos, e despois ordenaría matala pola mañá.
Este designio é quebrado por Sherezade (Scheherazade, en , Shahrazād, do persa medio: , čehr, "liñaxe" + , āzād, "nobre"), a propia filla do visir, quen na noite de vodas lle pide ao sultán que lle permita despedirse da súa irmá, Duniazade. Esta pídelle á irmá que lle conte unha historia, e Sherezade, que lera moitos libros e escritos de diversas clases, conta unha historia que cativa a atención do rei. Coas primeiras luces do día, Sherezade interrompe a narrativa no medio, dicindo que a continuaría na noite seguinte. Curioso por saber o final da historia, o rei concédelle a vida até a noite seguinte. Nas noites que seguen, Sherezade continua narrando contos de contido moi diverso, con compoñentes edificantes, máxicos e eróticos, facendo que o rei non perda o seu interese e a manteña viva.
Durante ese período Sherezade dá a luz tres fillos do rei. No final, Sherezade implora ao rei que lle conceda a vida, e este, moi arrepentido polas súas accións pasadas e impresionado pola súa intelixencia e dedicación, fai dela a súa raíña definitiva. Duniazade tamén pasa a formar parte da corte, desposando o irmán do rei.
Historia dereita|miniatura|Portada de Classic Comics. A obra componse dunha colección de relatos posiblemente tradicionais de Persia, Arabia e a India. Algúns elementos aparecen tamén na Odisea. Non existe unha versión definida da obra, dado que os antigos manuscritos árabes difiren no número e no conxunto de contos.
O núcleo desas historias está collido do antigo libro persa Hezar-afsana ("Mil mitos", en persa هزارافسانه), que posiblemente tiña orixe india. O compilador e tradutor destas historias folclóricas ao árabe foi, supostamente, o contista Abu abd-Allah Muhammed el-Gahshigar que viviu no século IX. A historia principal sobre Sherezade, que serve de marco aos demais relatos, parece ser agregada no século XIV.
A compilación árabe Alf Layla ("Mil noites"), orixinada cara ao 850, foi probablemente traducida dunha versión anterior persa chamada Hazar Afsanah ("Mil lendas"), quizais orixinada na India. Ao parecer nome actual Alf Layla wa-Layla (literalmente "Mil noites e unha noite") xurdiu na idade media e expresa a idea dun número transfinito, xa que 1.000 representa a infindade conceptual entre os grupos matemáticos árabes.
Edicións árabes impresas miniatura|Manuscrito árabe con partes das Mil e unha noites, compilado por Heinrich Friedrich von Diez, século XIX, orixe descoñecida A primeira edición impresa en árabe das Mil e unha noites publicouse en 1775. Contiña unha versión exipcia coñecida como "ZER" (Recensión exipcia de Zotenberg) e 200 contos. Non se conserva ningunha copia desta edición, mais foi a base dunha edición de 1835 de Bulaq, publicada polo goberno exipcio.
A obra foi impresa en árabe en dous volumes en Calcuta pola Compañía Británica das Indias Orientais en 1814-18. Cada volume contiña cen contos.
Pouco despois, o erudito prusiano Christian Maximilian Habicht colaborou co tunisiano Mordecai ibn al-Najjar para crear unha edición que contiña 1001 noites tanto na tradución orixinal árabe como en alemán, inicialmente nunha serie de oito volumes publicados en Breslau entre 1825 e 1838. Seguiron outros catro volumes en 1842–1843. Ademais do manuscrito Galland, Habicht e al-Najjar empregaron o que crían que era un manuscrito tunisiano, que máis tarde foi revelado como unha falsificación de al-Najjar.
Tanto a impresión ZER como a edición de Habicht e al-Najjar influíron na seguinte impresión, unha edición en catro volumes tamén de Calcuta (coñecida como a edición Macnaghten ou Calcuta II). Esta afirmaba que se baseaba nun manuscrito exipcio máis antigo (que nunca se atopou).
Unha importante edición recente, que volve á recensión siria, é unha edición crítica baseada no manuscrito sirio do século XIV ou XV da Bibliothèque Nationale usada orixinalmente por Galland. Esta edición, coñecida como a edición Leiden, foi compilada en árabe por Muhsin Mahdi (1984-1994).The Thousand and One Nights (Alf layla wa-layla), from the Earliest Known Sources, ed. by Muhsin Mahdi, 3 vols (Leiden: Brill, 1984–1994), . Mahdi argumentou que esta versión é a máis antiga que existe (unha opinión que hoxe se admite en gran parte) e que reflicte máis de preto un texto coherente "definitivo" ancestral a todos os demais que cría que existiu durante o período mameluco (unha visión que continúa en discusión).Sallis, Eva. 1999. Sheherazade through the looking glass: the metamorphosis of the Thousand and One Nights. pp. 18–43Madeleine Dobie, 2009. Translation in the contact zone: Antoine Galland's Mille et une nuits: contes arabes. p. 37. In Makdisi, Saree and Felicity Nussbaum (eds.): "The Arabian Nights in Historical Context: Between East and West"Irwin, Robert. 2004. The Arabian nights: a companion. pp. 1–9 Aínda así, mesmo os eruditos que negan a esta versión o estatuto exclusivo de "as únicas noites árabes reais" recoñecen que é a mellor fonte sobre o estilo orixinal e a forma lingüística da obra medieval.Beaumont, Daniel. Literary Style and Narrative Technique in the Arabian Nights. p. 1. In The Arabian nights encyclopedia, Volume 1Irwin, Robert. 2004. The Arabian nights: a companion. p. 55
En 1997, apareceu outra edición árabe, que contiña contos das Mil e unha noites transcritos a partir dun manuscrito do século XVII no dialecto árabe exipcio.Alf laylah wa-laylah: bi-al-ʻāmmīyah al-Miṣrīyah: layālī al-ḥubb wa-al-ʻishq, ed. by Hishām ʻAbd al-ʻAzīz and ʻĀdil ʻAbd al-Ḥamīd (Cairo: Dār al-Khayyāl, 1997), .
Traducións modernas miniatura|Simbad o mariñeiro e Alí Babá e os corenta ladróns, por William Strang, 1896 A primeira versión europea foi unha tradución ao francés feita polo orientalista Antoine Galland (1704-1717). Foi a primeira en ser impresa, publicada co título de Les Mille et une nuits, contes árabes traduits en français en doce volumes entre 1704 e 1717. A tradución foi feita desde unha compilación anterior escrita en árabe, e incluía a maiores contos tradicionais árabes que coñecía o tradutor pero que non estaban na compilación árabe, como A lámpada de Aladino ou Alí Babá e os corenta ladróns. Galland escribiu que os escoitou do contacontes cristián maronita Hanna Diab durante a visita deste a París. A versión de Galland foi inmensamente popular en toda Europa, e publicáronse versións posteriores por parte do editor de Galland usando o seu nome sen o seu consentimento.
Cando os eruditos buscaban a presunta forma "completa" e "orixinal" das Mil e unha noites, naturalmente recorreron aos textos máis voluminosos da recensión exipcia, que axiña se considerou a "versión estándar". As primeiras traducións deste tipo, como a de Edward Lane (1840, 1859), foron expurgadas. Fixéronse traducións sen abreviacións e sen recortar primeiro por John Payne, baixo o título The Book of the Thousand Nights and One Night (1882, nove volumes), e despois polo diplomático, militar, explorador e erudito da cultura africana Sir Richard Francis Burton, titulado The Book of the Thousand Nights and a Night (1885, dez volumes): segundo algunhas avaliacións, este último baseouse parcialmente no anterior, o que provocou acusacións de plaxio.Marzolph, Ulrich and Richard van Leeuwen. 2004. The Arabian nights encyclopedia, Volume 1. pp. 506–08
Á vista das imaxes sexuais dos textos orixinais (que Burton enfatizou aínda máis, especialmente engadindo notas ao pé de páxina e apéndices sobre os costumes sexuais orientais) e as estritas leis vitorianas sobre material obsceno, ambas as traducións foron impresas como edicións privadas, só para os subscritores, en vez de publicarse do xeito habitual. Os dez volumes orixinais de Burton foron seguidos doutros seis (sete na edición de Bagdad e quizais outros) titulados The Supplemental Nights to the Thousand Nights and a Night, que foron impresos entre 1886 e 1888. Non obstante, foi criticado pola súa "linguaxe arcaica e idioma extravagante" e polo "foco obsesivo na sexualidade" (mesmo foi chamado "excéntrica viaxe ao ego" e "reelaboración moi persoal do texto").