"Little Sister" é un sinxelo da banda estadounidense de stoner rock Queens of the Stone Age, editado o 7 de marzo do 2005 como parte do seu álbum Lullabies to Paralyze. Unha primeira versión do tema gravouse con Dave Grohl en 2002 para o álbum Songs for the Deaf, pero foi descartada. A canción queaparece en Lullabies to Paralyze foi gravada ao vivo no estudio nunha única toma. O tema acadou o número 18 na lista británica de sinxelosPosición dos sinxelos de QotSA nas listas británicas.

Listaxe de cancións CD: "Little Sister" (Álbum Version) - 2:57 "The Blood Is Love" (Contradictator Remix) - 5:24 "Little Sister" (Vídeo CD-ROM)

CD Maxi Single: "Little Sister" (Álbum Version) - 2:57 "The Blood Is Love" (Contradictator Remix) - 5:24 "Little Sister" (Contradictator Remix) - 3:29

7" (Picture Disc): "Little Sister" (Álbum Version) - 2:57 "Little Sister" (Contradictator Remix) - 3:29

Notas

Categoría:Sinxelos de 2005