O Complexo Deportivo das Travesas é un recinto polideportivo situado nas Travesas, na parroquia viguesa de Freixeiro, construído en 1968 e con capacidade para 3.500 persoas.
Serve de feudo ao Real Club Celta Indepo de baloncesto e máis ao Octavio Pilotes Posada de balonmán.
Instalacións
O complexo deportivo alberga as oficinas do Instituto Municipal dos Deportes de Vigo e diversos pavillóns e pistas. Dispón dun campo de fútbol de céspede artificial, tres pavillóns polideportivos de 500, 300 e 100 prazas, cinco pistas exteriores de frontón e unha pista exterior de asfalto para a práctica de atletismo e ciclismo.
O pavillón central ten capacidade para 3.500 persoas. Conta cunha tarima de madeira flotante de 46,22 x 25,31 m de superficie.
A superficie total do complexo deportivo é de 13.400 m². Foi remodelado por última vez en 1999.
Véxase tamén Outros artigos Lista dos pavillóns de Galicia de maior capacidade Ligazóns externas Web do Instituto municipal dos deportes do Concello de Vigo
Categoría:Pavillóns de Galicia Categoría:Deporte en Vigo