miniatura|200px|Don Juan desenvaiñando a espada na ópera Don Giovanni de Mozart; cadro de Max Slevogt: Francisco d'Andrade como Don Giovanni, 1912.
Don Juan é un personaxe arquetípico literario creado por Tirso de Molina, configurado na literatura española e con longa descendencia na literaria europea.
Características Tamén chamado burlador ou libertino, trátase dun sedutor valente e afoutado até a temeridade que non respecta lei algunha, nin divina nin humana. Nalgunhas obras arrepíntese ao final dos seus días, pero noutras non. O personaxe podería ter raíces históricas, e enlazar con Miguel de Mañara, un gran pecador arrepentido. Deu pé á aparición do personaxe Giacomo Casanova, da literatura italiana.
Ten a súa orixe na obra El burlador de Sevilla y convidado de piedra, de Tirso de Molina (1630). Con todo, hai autores que defenden que esta obra é unha refundición doutra, coñecida como Tan largo me lo fiáis, atribuída a Andrés de Claramonte. En calquera caso, hai no teatro do Século de Ouro e anterior da literatura en castelán certos antecedentes do tipo do sedutor falabarato, e nos romances, do tema do convidado de pedra, que despreza aos mortos e acepta temerariamente a invitación dun deles.
O personaxe e a súa actitud vital, denominada xenericamente donxoanismo, inspirou a numerosos ensaístas como Ramón Pérez de Ayala, Víctor Said Armesto, Arturo Farinelli, Ramiro de Maeztu, Américo Castro ou Ortega y Gasset, que ven na figura do sedutor desde un inmaturo patolóxico e efeminado (próximo ao narcisismo e á homosexualidade, segundo Gregorio Marañón), a unha figura satánica e rebelde tipicamente romántica, ou o arquetipo universal do sedutor insatisfeito.
Existencia real Desde o século XVII deuse crédito á idea de que Don Juan Tenorio existiu realmente e que foi un cabaleiro malagueño. Tal idea foi recollida polo hispanista Louis Viardot no século XIXÉtudes sur l’histoire des institutions, de la littérature, du théâtre et de beaux arts en Espagne (1835), e posteriormente por Gregorio Marañón, que recolle a existencia dos Tenorio e da calidade de sedutor dalgún deles, pois un tal Cristóbal Tenorio tivo amoríos coa filla de Lope de Vega e incluso se bateu con el, feríndoo.
Especulouse que a razón da elección de tal apelido por Tirso de Molina puido ser pola similitude co verbo castelán tener (que induce a relacionalo co feito da posesión) e co substantivo tenor (que o relaciona coa voz masculina)Marcela Aniela: "El viaje de Don Juan a través de los siglos" Universitatea Piteşti..
Na súa obra Don Juan, Torrente Ballester emparéntao coa familia nobre procedente de Tenorio e descendente de Alonso Jofre Tenorio, a quen o rei Afonso X concedeu terras en Sevilla trala reconquista castelá.
Obras inspiradas no personaxe El burlador de Sevilla y convidado de piedra (Tirso de Molina, (Gabriel Téllez) o Andrés de Claramonte, 1625). No hay cosa como callar (Pedro Calderón de la Barca, 1639). Promontorium Malae Spei (Paolo Zehentner, 1643). Il convitato di pietra (Giacinto Andrea Cicognini, 1650). Le Festin de Pierre, ou le Fils Criminel (Dorimon (Nicolas Drouin, 1658). Le Festin de Pierre ou le Fils criminel (Jean Deschamps "Villiers", 1659). Dom Juan ou Le Festin de Pierre (Molière, 1665). Festin de Pierre, ou l’Athée Foudroyé (Rosimon, 1669). The Libertine (Thomas Shadwell, 1676). No hay plazo que no se cumpla ni deuda que no se pague o Convidado de piedra (Antonio de Zamora, 1714?). Don Giovanni Tenorio ossia Il Dissoluto (Carlo Goldoni, 1736). Don Juan (Christoph Willibald Gluck e Gasparo Angiolini, 1761, ballet). Don Giovanni (ópera de Giuseppe Gazzaniga, libreto de Giovanni Bertati, 1787). Don Giovanni (ópera de Mozart, libreto de Lorenzo da Ponte, 1787). "Don Juan" (E.T.A. Hoffmann, 1813, incluído na novela Fantasiestücke in Callots Manier). Don Juan (Lord Byron, 1821, poema épico). Don Juan und Faust ( Christian Dietrich Grabbe, 1829, teatro). Каменный гость (Kamenny Gost, 'O convidado de pedra'; Pushkin, 1830). El estudiante de Salamanca (José de Espronceda, 1840, poema). Don Juan Tenorio (José Zorrilla, 1844, teatro). Don Juan aux enfers (Charles Baudelaire, 1861, poema). A morte de D. João (Guerra Junqueiro, 1874, poema). The Finding of Don Juan by Haidee (Ford Madox Brown, 1878, pintura). Don Juans Ende (Paul Heyse, 1883). Man and Superman (George Bernard Shaw, 1903, teatro). Las sonatas (Ramón María del Valle-Inclán, 1905). Les exploits d'un jeune Don Juan (Guillaume Apollinaire, 1907, novela). Le Fantôme de l'Opéra (Gastón Leroux, 1910, novela; inclúe a ópera Don Juan Triumphant). Don Juan de Mañara (Antonio e Manuel Machado, 1927, teatro). The Private Life of Don Juan (Douglas Fairbanks, 1934, película). Le Burlador (Suzanne Lilar, 1946. Romance que reinterpreta o mito de Don Juan desde a perspectiva feminina, cunha gran profundidade na análise psicolóxica). Adventures of Don Juan (película protagonizada por Errol Flynn, 1949). Djävulens öga ('O ollo do diaño', Ingmar Bergman, 1960, película). Don Juan (Gonzalo Torrente Ballester, 1963, novela). Don Juan ou Si Don Juan était une femme... (1973, película protagonizada por Brigitte Bardot). Don Giovanni ou O Dissoluto Absolvido (José Saramago, 2005).
Outros autores foron Azorín, Christian Grabbe, Alexandre Dumas, Carlo Goldoni, Edmond Rostand e, máis recentemente, Max Frisch. En España foi tradición representar a obra de Antonio de Zamora (e despois a de Zorrilla), na festividade de Todos os Santos.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Armand E. Singer: The Don Juan theme. An annotated bibliography of versions, analogues uses and adaptions. West Virginia University Press, Morgantown, W. Va. 1993, ISBN 0-937058-32-7 Armand E. Singer: A Bibliography of the Don Juan Theme 1954 - 2003
Categoría:Personaxes da literatura