1 FLTV (1 Fürstentum Liechtenstein Television) é a primeira e única cadea de televisión de Liechtenstein. Comezou as súas retransmisións o 15 de agosto do 2008 tras obter a licenza por parte do goberno. Emite a súa programación en alemán. É privada e propiedade da empresaria austríaca Beatrix Schartl.
Festival da Canción de Eurovisión Os habitantes de Liechtenstein sempre tiveron interese en participar no Festival da Canción de Eurovisión. Con todo, isto non podía ser posible debido a que Liechtenstein non contaba cunha cadea de televisión propia. FLTV está negociando a súa entrada na Unión Europea de Radiodifusión, de xeito que nun futuro o país poida participar no certame musical.
Liechtenstein intentara participar previamente en 1969 e 1976, pero foi descualificado debido a que non contaba cunha televisora propia.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial de 1 FLTV
Categoría:Cadeas de televisión de Europa