A Megalópole do Nordeste dos Estados Unidos é a maior e principal aglomeración urbana do planeta que, polas súas dimensións, constitúe unha rexión urbanizada no nordeste dos Estados Unidos dende Springfield no estado de Massachusetts ata Washington, a capital do país.
Este xigantesco continuo urbano conformaríase coa conurbación das áreas metropolitanas de Nova York, Filadelfia, Washington-Baltimore e Hartford. Algúns estudosos (véxase Gottmann) inclúen tamén a área de Boston, denominando BosWash (de Boston-Washington) á megalópole resultante.
A cidade maáis importante do conxunto é Nova York, capital do mundo de facto, principal centro financeiro e cultural do planeta (ver Historia urbana de Nova York). Seguiríalle en importancia Washington (ver Historia de Washington), capital dos Estados Unidos de América e, polo mesmo, principal centro de poder executivo e militar do globo. Outras grandes cidades da megalópole serían Filadelfia, Baltimore e Hartford.
Datos (a 1-1-2001) NomeHabitantesÁrea Metropolitana de Nova York 21 000 000Área Metropolitana de Philadelphia9 100 000Conurbación de Washington-Baltimore7 500 000Conurbación de Hartford-Springfield1 710 000
Véxase tamén Ligazóns externas Imaxe actualizada do satelite
Categoría:Megalópoles Categoría:Cidades dos Estados Unidos de América