Lisitea (ou en grego Λυσιθέα) é unha lúa irregular de movemento directo do planeta Xúpiter. Foi descuberta por Seth Barnes Nicholson no ano 1938 no Observatorio do Monte Wilson e recibiu o nome de Lisitea procedente da mitoloxía grega, Lisitea era filla de Oceanus e dunha das amantes de Zeus.
Lisitea non recibiría o seu nome oficialmente ata o ano 1975; antes desta data era coñecida simplemente coma . Foi algunhas veces chamada tamén "Demeter" entre os anos 1955 a 1975.
Pertence ó grupo de satélites Himalia, estas lúas orbitan Xúpiter a unha distancia de entre 11 e 13 millóns de quilómetros e cunha inclinación aproximada de 28,3°. Os elementos orbitais son de xaneiro do 2000, pero estes datos están en continuo cambio debido ás perturbacións causadas polo Sol e Xúpiter.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Aneis de Xúpiter Xúpiter
Ligazóns externas Lysithea Profile by NASA's Solar System Exploration David Jewitt pages Jupiter's Known Satellites (by Scott S. Sheppard)
Categoría:Lúas de Xúpiter