miniatura|Voto nulo nas eleccións municipais españolas de 2015. O voto nulo é un voto realizado de maneira errónea ou non conforme ás regras estipuladas dunha elección, feito que implica a súa nulidade. Un voto nulo pode ser de carácter accidental ou intencionado.

Características Son varias as circunstancias capaces de anular un voto:

Incluír un papel non oficial, ou un documento electoral non oficial, ou errar na votación pola introdución dunha papeleta correspondente a outro cadro. Incluír varios papeis de candidatos distintos para o mesmo cargo, de modo que non poida saberse por quen desexaba votar o elector. Incluír obxectos estraños (non tódalas lexislacións o prohiben). Escribir na papeleta, colocar marcas etc.

A diferenza do voto en branco, o voto nulo non é ''institucional'' (nalgúns países existe algunha forma de votar en branco oficialmente). É dicir, non se elixe unha de entre as tantas opcións que dá unha determinada elección, senón que directamente se anula o voto.

Véxase tamén Ligazóns externas Por Internet circulan campañas que proponen impugnar el voto: piden optar por próceres, por Clemente o tachar las boletas , no xornal arxentino La Nación, o 25 de agosto de 2001.

Categoría:Democracia