Guillerme I de Borgoña "O Grande" ou "O Imprudente", nado no Franco Condado no 1020 e finado en Besançon no ano 1087, foi conde de Borgoña e Mâcon desde 1057 até 1087. A súa descendencia estivo entre unha das máis coñecidas da Europa do seu tempo chegando a ter un fillo papa. Faleceu na cidade de Besançon e atópase sepultado na Catedral de San Xoán nesta mesma cidade. O ano de 1057, sucedeu ao seu pai reinando sobre os territorios con maior extensión do que os territorios do Franco Condado.

Familia e descendencia Foi fillo de Reinaldo I de Borgoña (990 - 3 de setembro de 1057) e de Adelaida da Normandía (990 -?), filla de Ricardo II da Normandía (970 - 28 de agosto de 1027) e de Xudite da Bretaña (980 -?).

Casou con Estefanía de Longwy tamén coñecida como Étiennette de Longwy, filla de Adalberto, duque da Lorena (?- 1048) e de Clemencia de Foix (1015 -?) de quen tivo:

Reinaldo II de Borgoña (? - 1097) casado con Rexina de Oltigen, foi sucesor do seu pai á cabeza dos destinos do condado, faleceu na Primeira Cruzada. Estevo I de Borgoña, sucesor de Reinaldo II. Estevo morreu na Guerra Santa durante a Cruzada de 1101. Raimundo de Borgoña, casado en 1090 coa princesa Urraca, foi conde Galiza, aspirando ao seu trono. Guildo de Viena, electo Papa en 1119 como abade de Cluny, co nome de Calisto II. Sibila (1065 - 1101), casada en 1080 con Odo I, Duque da Borgoña. Xisela, casada en 1090 con Humberto II de Savoia e despois con Renier I de Montferrat. Adelaida. Berta. Eudes. Hugo III, arcebispo de Besançon. Clemencia, casada con Roberto II de Flandres, conde de Flandres, foi rexente de Flandres durante a ausencia do marido. Estefanía. Ermentruda, casada en 1065 con Teodorico I de Montbéliard.

Véxase tamén Bibliografía LE HÊTE, Thierry (1995): Les Comtes Palatins de Bourgogne, 1ª Ed., La Bonneville-sur-Iton, páx. 44.

Categoría:Condes de Borgoña Categoría:Idade Media Categoría:Historia de Francia Categoría:Nados en 1020 Categoría:Finados en 1087 Categoría:Condes de Mâcon