Ava ou Inwa (en ) é unha cidade da división de Mandalay, Myanmar. Localízase no sur de Amarapura, á beira do río Irauadi Recibe tamén o nome de Ratnapura (cidade das xemas en pali).

Historia Foi fundada no século XIV polos shan, e entre 1364 e 1841 foi capital de Birmania. Foi destruída en 1572 mais, en 1634, volveu ser unha metrópole relevante coa dinastía Taungú. Cando Alaungpaya creou a dinastía Konbaung no século XVIII, ser capital por un tempo e, mesmo, con posterioridade, a dinastía construíu Amarapura e Mandalay. En 1752, os mon rebeláronse contra o poder birmano e saquearon Ava. Finalmente, en 1841, un sismo destruíu a cidade e a capital moveuse para Amarapura.

Hoxe da antiga capital só quedan ruínas das súas murallas, un palacio e varias pagodes.

Categoría:Cidades de Myanmar Categoría:Historia de Myanmar