Cantodorxo é un lugar da parroquia do Grove no concello pontevedrés do Grove, na Comarca do Salnés. Tiña 181 habitantes no ano 2025 segundo datos do INE, dos cales 85 eran mulleres e 96 homes, o que representa un aumento en relación ó ano 2015, cando tiña 173 veciños, pero un descenso con respecto ó ano 2005, cando eran 195.
En 2017, o Concello e maila Deputación levantaron un cruceiro nun con que se interna no mar cara ao norte, obra do escultor Francisco Pazos. Con este cruceiro sinálase o comezo da Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla, un dos Camiños de Santiago.
Castro de Cantodorxo En Cantodorxo descubríronse os restos dun pequeno castro, duns 300 m2, datado nos séculos IV a II a. C., no que se atoparon restos de cerámica, muíños de man e dúas sepulturas antropomorfas. Álvarez Limeses foi quen deu a primeira noticia do castro, en 1928, que hoxe está moi alterado tanto pola propia acción do mar como pola acción humana, especialmente trala construción dunha fábrica de conservas sobre a parte sur do espazo.
No verán de 2026 reiniciáronse as escavacións, que evidenciaron unha ocupación romana do castro ata, cando menos, o século I d.C.
Lugares e parroquias Lugares da parroquia do Grove
Parroquias do Grove
Véxase tamén Bibliografía J. M. Rey, M.C. Ferré, Carlos Fernández Rodríguez, Carlos Rodríguez López. "Sondeos en el conchero del castro de Punta de Cantodorxo (O Grove, Pontevedra): análisis zooarqueologico", en Gallaecia nº 17, 1988 .
Categoría:Lugares do Grove