A Confederación Brasileira de Fútbol (CBF) (en portugués: Confederação Brasileira de Futebol) é a institución responsable de organizar e regular os campionatos oficiais de fútbol do Brasil. Foi fundada o 8 de xuño de 1914 co nome de Confederação Brasileira de Desportos, sendo o seu primeiro presidente Álvaro Zamith. A súa sede está no barrio de Barra da Tijuca do Río de Xaneiro. Está afiliada á FIFA dende 1923 e á Conmebol dende 1916 (foi un dos seus membros fundadores). Tamén é responsable das distintas seleccións nacionais.
Véxase tamén Outros artigos Selección de fútbol do Brasil Mundial de fútbol Brasil 1950
Ligazóns externas Sitio web oficial
Brasil Categoría:Fútbol no Brasil