Canal Nou Internacional, previamente Televisió Valenciana Internacional (TVVi, valenciano para "Televisión Valenciana Internacional") era unha das canles de televisión do ente público Radiotelevisió Valenciana (RTVV).
Historia e características A súa creación débese á intención de achegar a Comunidade Valenciana aos valencianos que residen fóra dela, ben como promovela no mundo, de aí que o seu ámbito de difusión supere ao das tres canles autonómicas de emisión terrestre (Canal 9, Punt 2 e 24/9) e que a súa programación sexa unha mestura dos contidos das tres canles autonómicas, aínda que normalmente con maior presenza de contidos de Punt 2, ao seren programas de produción propia. A estes programas súmanse os informativos emitidos en Canal 9 e 24/9, ben como algúns eventos deportivos. Anteriormente a canle era coñecida como Canal Comunitat Valenciana (CCV, en galego Canle Comunidade Valenciana). Os seus contidos son case exclusivamente en valenciano.
En 2010 está previsto que a canle mude a súa imaxe e o seu nome para Canal Nou Internacional, para unificar a imaxe de todas as canles do grupo RTVV http://www.mundoplus.tv/comunidad/viewtopic.php?f=25&t=63194&start=45#p901299.
Dispoñibilidade A recepción da canle podía facerse a través do satélite Hispasat e das distintas operadoras de TV por cable, pero en xullo de 2010 a canle pasa a emitir exclusivamente por Internet, cesando as súas emisións por outras plataformas sen aviso previo.
Notas
Categoría:Radiotelevisió Valenciana Categoría:Cadeas de televisión da Comunidade Valenciana Categoría:Canles de televisión en lingua catalá